Os populares de Lugo protagonizan un bochornoso espectáculo rivalizando na utilización de Manuel Fraga

O Alcalde, José López Orozco, pídelles ós dirixentes do Partido Popular de Lugo que se poñan dacordo entre eles e que acaben coa carreira de “y yo más” que están a protagonizar estes días, nun insólito e macabro intento por utilizar a Manuel Fraga.

O Auditorio que hai en Lugo xa ten nome: chámase “Gustavo Freire”. Igual o PP de Lugo non sabe que nesta cidade non temos ningún outro Auditorio e por iso non estimula á Xunta a que traballe nel en lugar de adicarse a buscar nomes para un “non nato” De non ser así, os lucenses terán que deducir que ó PP non ten sensibilidade e compromiso con Lugo.

O Alcalde engade que “nós pensamos que o futuro Auditorio ten máis necesidade de cartos que de nomes”.