López Orozco recoñeceu sentir vergonza allea ante as descualificacións e menosprezos do PP a Castiñeira como candidato pola cidade
O Alcalde, José López Orozco, recoñeceu esta mañá sentir vergonza allea e que incluso lle parecera mal as palabras de Feijóo cando dixo que van os mellores candidatos para Vigo e Ourense. Entón que nos manda para Lugo e para as demais cidades, cuestionou López Orozco.
O Alcalde lamentou profundamente que Castiñeira aínda non se pronunciase ante a gravidade destas declaracións, realizadas polo propio Presidente da Xunta, con descualificacións e menosprezos ao candidato do Partido Popular en Lugo. Con isto Feijóo mostra que ao PP non lle importan os lucenses nin os intereses da nosa cidade.
Eleccións Municipais
López Orozco dixo que nós ímonos presentar con ilusión, forza e traballo, ademais de contar cunha experiencia de goberno moi importante e con moitas ganas para convencer aos lucenses de que merece a pena apoiar ao Partido Socialista para ter una maioría que nos permita gobernar. Por iso considera que en democracia sempre é bo que se presenten outras candidaturas para traballar pola cidade, xa que despois está o xuízo que farán os lucenses o 24 de maio, que é o que conta.
O Alcalde de Lugo resaltou que é un municipalista declarado, porque no día a día se dá conta da importancia que teñen os concellos e o traballo que realizan na vida cotiá dos seus veciños.
Neste sentido, López Orozco continúa coa campaña O PSOE de Lugo en pé de rúa, a través da que está mantendo reunións cos veciños e veciñas dos barrios da cidade e da parroquias da zona rural para coñecer as súas propostas para seguir mellorando o concello e incluílas no programa das próximas eleccións municipais.