López Orozco dí que no pleno do luns saberase se Jaime Castiñeira apoia que as obras se fagan no tempo previsto no convenio asinado coa Xunta ou se pon de parte de fóra
O Alcalde volveu reclamar hoxe que se cumpran os prazos previstos para executar o Plan Paradai e destacou a importancia de que todos apoiemos que as obras se fagan no prazo que establece o convenio asinado coa Xunta.
O Concello vaise pronunciar oficialmente sobre o cumprimento do Plan Paradai no Pleno municipal do luns, no que se debatirá unha proposición do PSOE e o BNG para instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruras a cumprir cos compromisos adquiridos. López Orozco manifestou que o importante é que o luns, nesta Casa, vaise estudar unha proposta do Goberno para que a Xunta faga as obras no prazo que está no convenio e veremos a ver qué é o que dí o señor Castiñeira.
Parece que o señor Castiñeira se pon de parte de fóra, esto é o que quere esconder, dixo o Alcalde que volveu explicar que as intencións da Xunta de adiar as obras contradín o anuncio que lle fixo o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruras.
Agustín Hernández convocou ó Alcalde a unha reunión, que tivo lugar o día 22 de marzo, na que o Conselleiro lle anunciou que a Xunta ía comezar as obras da rotonda do Sagrado Corazón facer a Ponte Paradai ata a Glorieta e que nos próximos tres anos se farían o resto das obras. Sen embargo unha semana despois, o día 28 de marzo, a Directora xeral de Infraestruturas, Ethel Vázquez, chamou por teléfono ó Alcalde e mandoulle por fax un escrito no que plantexa licitar este ano só a execución da obra nova Ponte sobre o ferrocarril (Ponte Paradai) e conexión coa estrada das Gándaras e asinar un novo convenio no prazo de tres anos para a execución da mellora da rúa Serra de Meira e da estrada ata a N-640 pola estrada Estación-Conde Fontao.
O que me dicía no escrito non era o que me anunciara o señor Conselleiro, polo que eu chamei á Directora Xeral e díxenlle esto non é o que me contou o Conselleiro e hoxe pola tarde non imos estar dacordo, explicou o Alcalde quen considerou, á vista do cambio na planificación, que a palabra do Conselleiro vale pouco.