Posta en valor do Carme

Impulsamos a transformación completa do barrio tanto no aspecto urbanístico, como arquitectónico, económico e social co que pretende dignificar a entrada ao Centro Histórico na que conflúen os Patrimonios da Humanidade da Muralla e o Camiño Primitivo e a conexión co paseo fluvial. 

Actuacións no Carme

Humanización do Carme

A peonalización prevé a rexeneración dos espazos públicos, integrando nunha plataforma unitaria a rúa, a praza, a Capela do Carme e o Museo. Licitación de 552.213 € e 5 meses

Aparcadoiro

Habilitaremos ao redor de medio cento de prazas de estacionamento gratuíto na traseira da Capela do Carme.

Cloaca Romana

Estamos a recuperar a cloaca romana do Carme para que sexa visitable pola cidadanía. (obras avanzadas). Permitirá protexer e musealizar esta infraestrutura con preto de 1.700 anos de antigüidade

Catas Arqueolóxicas

Fixemos dúas catas arqueolóxicas para poñer en valor o patrimonio histórico e cultural da zona.

Mellora e humanización C Primitivo e a Vía XIX

• Adecuación de muros. • Sendas Iuminadas. • Recuperación de escalinatas • Sinalización das rutas

Parque da Lembranza

Novo Parque da Lembranza na honra das vítimas e profesionais que loitaron durante a pandemia. O espazo conta con 770 m2 de zona verde integrada por especies autóctonas. Melloramos con elo a accesiblidade da Vía XIX e o Camiño Primitivo, habilitando un itinerario alternativo á escalinata da Rolda do Carme.

Paso de Peóns Intelixente

Novo paso de peóns intelixente, na Rolda do Carmen, para maior seguridade de ciclistas e peregrinos.

Coliving Artístico

Esta actuación recupera a vivenda e inclúe un novo edificio para exposicións e a a creación de 3.000 m² de zonas verdes como espazo cultural aberto. Potenciando o Camiño Primitivo como experiencia turística innovadora e poñer en valor o emblemático barrio do Carme.

Mellora Rúa Pousadela

Estamos a mellorar a rúa Pousadela con118.236 €, persegue incrementar a comodidade e a seguridade dos accesos. Alén da pavimentación da vía, a intervención contempla a creación dun pequeno treito de beirarrúa que dará servizo na zona de maior concentración residencial.

Peonalización Calzada da Ponte

Económico, Innovación e Transición Ecolóxica

Peonalización da Calzada da Ponte, que se humaniza para por en valor este itinerario do Camiño Primitivo. Se trata do soterramnto de servizos, reparación da rede de saneamento, a creación de zonas de descanso con parklets urbanos e a instalacion de novo alumeado. Melloraranse os pasos inferiores existentes, que se rexenerarán visualmente e dotaranse de maior luz, seguindo criterios de eficiencia enerxética e de xénero.