O Concello demostra a súa total colaboración coa Xustiza e facilítalle os expedentes tramitados durante os mandatos dos últimos alcaldes
O Concello reitera a súa confianza na Xustiza e en que esta actúe coa necesaria axilidade
O Concello de Lugo deu mostras, unha vez máis, da súa total colaboración coa Xustiza
e deulle todo tipo de facilidades ós axentes da Axencia Tributaria que acudiron a última hora da mañá á Oficina de Planificación e Control de concesións, dependente do Servizo municipal de Contratación.
O Concello deulles todo tipo de facilidades e puxo á súa disposición toda a documentación que solicitaron, por encargo do Xulgado de instrucción nº 1, relativa a distintos expedentes e facilitoulles tanto a documentación tramitada durante os mandatos dos últimos alcaldes, xa que toda a documentación se atopa arquivada, mesmo a que, dacordo coa lexislación, xa podería ter sido destruida, dado o tempo transcorrido.
O Concello de Lugo aproveita para reiterar o seu máximo respecto á Xustiza e tamén manifesta, unha vez máis, o seu total ánimo de colaboración nesta ou en calquera outra actuación xudicial.
O Goberno local quere comunicar tamén ós veciños e veciñas de Lugo a súa total tranquilidade respecto da tramitación das distintas contratacións que se fan neste Concello, nas que se siguen, como non podía ser doutro xeito, todos os procedementos legais, contan cos avais dos servizos técnicos municipais e son sometidos, sempre, á consideración das Mesas de contratación e da Xuntas de compras nas que, como é sabido, participan representantes de todos os grupos políticos que compoñen a Corporación, ademáis dos técnicos do Concello.
Por este motivo, o Goberno local amosa a súa absoluta tranquilidade respecto desta ou doutras investigacións que leve a cabo a Xustiza.
Asímesmo, o Goberno local confía en que a actuación xudicial se desenvolva con toda a axilidade posible.