A puntuación do Concello de Lugo é de 86,3 puntos, cinco máis que o seguinte de Galicia e máis de quince puntos por riba da media española

Lugo obtivo a mellor nota posible, 100 puntos, na transparencia das contratacións

O Goberno local de Lugo amosa a súa satisfacción porque o Concello da nosa cidade volveu acadar a mellor nota de todos os concellos galegos na transparencia da xestión municipal que mide o Índice de Transparencia dos concellos de España.

O Concello de Lugo conseguiu unha media de 86,3 puntos no Índice de Transparencia municipal co que volve ser o Concello de Galicia que obtén mellor puntuación e obtén a duodécima mellor puntuación neste informe feito público hoxe pola organización non gubernamental Transparencia Internacional, que avaliou un total de 110 administracións municipais de España e

A puntuación de Lugo está cinco puntos por riba do seguinte Concello galego mellor valorado, que foi o de A Coruña, con 81,3 puntos; superou en case once puntos a media galega, situada en 75,4, e en máis de quince puntos á media española, que foi de 70,9.

Para o Goberno local, estes resultados de Lugo no Índice que mide o nivel de transparencia das distintas administracións públicas son proba do compromiso asumido polo Equipo de Goberno e polos funcionarios para facer do Concello unha administración eficaz e diáfana, algo que só é posible co esforzo que fan tanto os cargos públicos como os funcionarios municipais.

O Concello de Lugo recibiu a mellor puntuación posible, 100 puntos, en transparencia nas contratacións de servizos e conseguiu superar a media española en todas as áreas que mide o Índice de Transparencia municipal.

Na transparencia económico-financieira o Concello de Lugo recibiu 92,9 puntos, en transparencia en materias de Urbanismo e Obras Públicas e en información sobre a Corporación municipal obtivo 88,2 puntos. En indicatores da nova lei de transparencia a puntuación de Lugo foi de 80 e en relacións cos cidadáns e a sociedade acadou 76,9 puntos.