O Alcalde de Lugo así o anunciou nunha visita as obras de mellora do Museo de San Roque das que o Concello se tivo que facer cargo por deixadez da Xunta de Galicia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, realizou unha visita ás obras de mellora do Museo de San Roque das que o Concello se tivo que facer cargo por deixadez da Xunta de Galicia. No acto o Alcalde referiuse á estupefacción que lle causaron as palabras da Directora Xeral de Patrimonio ao anunciar que non se ían facer as obras para a creación do Museo da Romanización. “Nunca vin deslealdade institucional como a que están facendo con este convenio e que agora queren transformar nun protocolo pero que non se esquezan que está asinado por tres Conselleiras” ademais de que da entidade autonómica fixo un gasto importante no proxecto. “Non ten sentido que agora paren a obra cando o Concello fixo todos os trámites que nos pediron ademais de levar a cabo tarefas de mantemento ante o abandono da Xunta” segundo López Orozco.

O Alcalde tamén anunciou as medidas que vai adoptar o Concello “e vaise a convocar o Consello Económico e Social onde lles vou explicar todos os pasos que se deron neste tema e posteriormente manterei unha reunión coa Unión de Asociacións de Veciños para explicarlles como está o tema”. Outra das medidas será presentar unha iniciativa no Parlamento para que se comprometan a incluír unha cantidade de diñeiro nos próximos orzamentos.

“Podo comprender que non sexa de xeito inmediato pero non pasa nada porque sexan en diferentes anualidades pero cando menos deben facer unhas obras de consolidación para que o edificio que eles declararon Ben de Interese Cultural non se caia ao chan” manifestou o Alcalde de Lugo.