O Concello de Lugo lembra que todos os vehículos poden acceder ao Centro Histórico sempre e cando se dirixan a algún dos aparcamentos localizados intra murallas. Este é un dos usos autorizados, entre outros, que non é obxecto de sanción por parte da Policía local. Acceder co vehículo particular ao Centro Histórico está permitido a toda a cidadanía no caso de que o destino do estacionamento sexa algunha das instalacións habilitadas para este fin dentro da zona amurallada.