A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participou este luns na estación de ferrocarril na concentración que demanda máis servizos ferroviarios para Lugo. Baixo o lema Lugo, non perdas o tren, medio centenar de persoas concentráronse esta mañá á saída do novo Alvia a Madrid, que partiu de Lugo con menos de 20 pasaxeiros.