Jesús Vázquez Almuíña presentou unha máquina de Radioterapia no HULA estando en precampaña electoral e nin mencionou Hemodinámica 24 horas

O grupo municipal do PSdeG mostrou a súa desconformidade coa visita electoralista que realizou este venres ao HULA o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, para presentar unha máquina de Radioterapia.

Esta visita prodúcese en plena precampaña, cando a Lei electoral impídelle aos representantes políticos realizar este tipo de actos. E, por se non fose pouco, a esta visita nin sequera convidaron á Alcaldesa de Lugo, o que é unha mostra máis da deslealdade institucional que está a practicar o goberno de Feijóo.

Nesta visita claramente electoralista o Conselleiro nin mencionou a tan necesaria posta en marcha de Hemodinámica as 24 horas no HULA, polo que unha vez máis, a Xunta volve a discriminar a tódolos veciños e veciñas da provincia de Lugo. Deste xeito, o Conselleiro só ven a Lugo a vender fume nun acto electoralista sen dar solucións aos problemas existentes na sanidade pública.

O PSdeG pídelle ao Conselleiro que se deixe de electoralismo e que se comprometa coa posta en marcha de Hemodinámica as 24 horas no HULA e que traballe por resolver os problemas que ten na súa Consellería.

Castiñeira xustifica o inxustificable
Ante as declaración de Jaime Castiñeira xustificando como un erro a partida para o novo auditorio de Lugo nos Orzamentos da Xunta para o 2016, os socialistas volven a esixirlle ao Partido Popular que “rectifique de inmediato” e que a Xunta dedique a devandita partida a Lugo para cumprir “algún dos numerosos compromisos que ten pendentes coa nosa cidade dende que Feijóo entrou no Goberno, como o servizo de Hemodinámica 24 horas no HULA, as dotacións para o barrio da Residencia, o Museo da Romanización, a construción da Ronda Leste ou o financiamento para a estación intermodal, que o Goberno de Feijóo si contempla para todas as grandes cidades galegas, menos para Lugo”.