Santín e Varela anuncian que estas peticións xurden dada a situación tan deplorable na que se atopa a actual estación e logo de que, nos últimos días, a administración estatal, que en 2012 xa suspendeu o contrato da nova infraestrutura que deixara encamiñada o PSOE, despregase media ducia de botes de pintura branca e vermella, doce bloques e un chimpín para intentar facer un lavado de cara
Isto non é máis que un reflexo da falta de respecto que o PP e o Goberno teñen a Lugo e aos seus veciños, afirmou o senado. E é que a actual estación está obsoleta, é inservible, está sucia, ten ratas e os galpóns están caéndose. En definitiva, é a máis mísera de todos os países do terceiro mundo e a máis cutre de todas as das capitais de España, denunciou Varela
O documento buscará o apoio de todos os grupos políticos, así como o de todas as institucións -Concello, Deputación e Xunta-, ademais das principais forzas sindicais, da Cámara de Comercio, da Confederación de Empresarios lucense (CEL) e mesmo da Federación de Veciños, para ser posteriormente remitido á ministra de Fomento
Este é o primeiro paso da intensa campaña que liderarán os socialistas pois, no caso de que o Executivo continúe na mesma senda, o senador e o secretario Provincial confirman que non descartan outro tipo de mobilizacións
O senador por Lugo Ricardo Varela- e o secretario Provincial e deputado autonómico Juan Carlos González Santín- anunciaron este mércores unha serie de medidas coas que o Partido Socialista volverá a pedir ao Goberno Central que cumpra os compromisos asumidos coa Estación Intermodal de Lugo e a chegada do AVE á provincia. Deste xeito, a primeira delas consiste na elaboración do documento de apoio Lugo quere AVE, que buscará o apoio de todos os grupos políticos, así como o de todas as institucións -Concello, Deputación e Xunta-, ademais das principais forzas sindicais, da Cámara de Comercio, da Confederación de Empresarios lucense (CEL) e mesmo da Federación de Veciños, para ser posteriormente remitido á ministra de Fomento. Así mesmo, o Grupo do PSOE na Cámara Alta tamén presentará unha moción para que o Executivo estatal inclúa nos seus Orzamentos unha partida extraordinaria de 6 millóns de euros, destinada á construción da primeira fase Intermodal.
As peticións dos socialistas xurden dada a situación tan deplorable na que se atopa a actual estación e logo de que, nos últimos días, a administración estatal, que en 2012 xa suspendeu o contrato da nova infraestrutura que deixara encamiñada o PSOE, despregase media ducia de botes de pintura branca e vermella, doce bloques e un chimpín para intentar facer un lavado de cara. Para o senador socialista isto non é máis que un reflexo da falta de respecto que o PP e o Goberno teñen a Lugo e aos seus veciños. E é que a actual estación, subliñou, é terceiromundista, está obsoleta e é inservible. É a estación máis cutre de todas as capitais de provincia de España. Os medios cualificárona de apeadeiro. Sen embargo, creo que nin a isto chega. Está sucia, ten ratas e uns galpóns caéndose. En definitiva, é a estación máis mísera de todos os países do terceiro mundo, criticou.
Por este motivo, Varela tamén anunciou que volverá a repreguntar a pregunta formulada hai uns días, e na que solicitaba unha resposta ao Goberno de Rajoy se con estas obras simplemente se está a facer un lavado de cara á estación actual, se detrás delas hai un fin electoralista e se o que se pretende é continuar enmascarando a verdadeira intención do PP, que é deixar á provincia de Lugo sen o servizo de Alta Velocidade.
O primeiro paso
Este é o primeiro paso da intensa campaña que liderarán os socialistas pois, no caso de que Fomento continúe na mesma senda, non descartan outro tipo de mobilizacións. Hai 140 anos que o tren chegou a Lugo, pero esta estación poucos cambios tivo. Por iso, eu me pregunto se estas obras que están a facer son unha tomadura de pelo, xa que con tal actitude o único que se está a conseguir é favorecer a depresión dun barrio que, malia estar moi próximo ao centro, rematará esmorecendo, destacou Santín.
Hai dou meses a Ministra dixo que traballaría para que o AVE chegue a Galicia en 2018. En 2013 Rajoy aseguroulle a Feijóo o mesmo na Moncloa e, en 2009, cando dirixía o Ministerio o compañeiro Blanco, o presidente do Goberno galego afirmou en Lugo que se o Executivo Central non asumía o AVE, se faría con cos Orzamentos da Xunta de Galicia. Ante tales incumprimentos, creo que a única maneira que temos de conseguir algo para Lugo é a mobilización. Ímonos poñer á fronte porque o que queremos é que unha cidade como a nosa, de 90.000 habitantes, teña unha estación como se merece, concluíu o secretario Provincial.
Traballo dos socialistas
Estas iniciativas súmanse a todas as emprendidas polo Partido Socialista unha vez desvelada a decisión do Goberno de anular o contrato de construción da Intermodal, e que están e estiveron encamiñadas a intentar que o Executivo Central retomase, no menor tempo posible, o acordo subscrito en 2010 co que José Blanco deixara o proxecto da Intermodal totalmente encamiñado. Neste senso, dende que o senador lucense descubriu o engano do Executivo estatal polo que Fomento eliminou o contrato do proxecto hai dous anos e paralizou a execución da variante da Pobra de San Xillao, o PSOE está a promover unha intensa campaña institucional, co fin de recabar o maior número de apoios posibles para evitar que o Ministerio marxine á provincia na chegada do tren de Alta velocidade.