“É preciso sinalar que a memoria histórica non se trata simplemente de lembrar o pasado, senón de confrontalo de maneira honesta e reflexiva. Consideramos polo tanto necesario avanzar na consolidación e o cumprimento desta norma”, sinalou a voceira municipal.
“Promover o respecto polos dereitos humanos, a tolerancia e o pluralismo é esencial para construír unha sociedade sólida e resistente aos extremismos e autoritarismos”, concluíu González Abelleira.
A área socialista do Goberno local defenderá no pleno ordinario deste mes unha proposición na que insta a corporación a mosar o seu apoio e respaldo ao cumprimento da Lei 20/2022, de 19 de octubre, de Memoria Democrática, e a todas aquelas iniciativas que, amparadas neste marco xurídico, promovan a recuperación da memoria histórica no municipio de Lugo. “Nos últimos tempos, e coincidindo co auxe das correntes políticas máis reaccionarias, o desenvolvemento desta lei está a verse comprometido nalgúns territorios do Estado. Debido a este risco real de que se retroceda no camiño percorrido, desde este grupo municipal, consideramos necesario reafirmar o compromiso do Concello de Lugo e de todos os grupos representados na súa corporación con esta causa”, sinalou a voceira municipal, Ana González Abelleira.
“De feito, tras analizar as iniciativas dos gobernos bipartitos de PP e Vox para derrogar as leis rexionais de memoria e substituílas por outras chamadas ‘de concordia’, Nacións Unidas viuse na necesidade de instar a España a que adopte todas as medidas necesarias para garantir o estrito respecto dos estándares internacionais dos dereitos humanos en materia de preservación da memoria histórica polas graves violacións dos dereitos das vítimas”, proseguíu a portavoz socialista.
O texto presentado polo Grupo municipal sinala na súa aprte expositiva que é preciso non esquecer que a memoria histórica non se trata simplemente de lembrar o pasado, senón de confrontalo de maneira honesta e reflexiva. No caso de España, a Guerra Civil e a posterior ditadura franquista deixaron profundas feridas na sociedade, moitas das cales aínda non se pecharon completamente. A Lei de Memoria Democrática busca abordar estas feridas mediante o recoñecemento oficial das vítimas e a recuperación da verdade histórica sobre o sucedido.
“Consideramos polo tanto que, ao avanzar na consolidación e o cumprimento desta norma, envíase unha mensaxe clara de que o Estado asume a responsabilidade de enfrontar o seu pasado e de garantir que as inxustizas cometidas non sexan esquecidas nin trivializadas. Algo esencial para a reconciliación social, xa que permite que a cidadanía recoñeza e respecte as experiencias e sufrimentos dos demais, sentando as bases para a construción dunha sociedade máis consciente do seu pasado”, explicou a voceira.
“Nun momento no que os valores democráticos están a ser cuestionados en todo o mundo, as e os lucenses temos a oportunidade de demostrar o compromiso coa xustiza, a verdade e os dereitos humanos a través da implementación de aquelas iniciativas que contribúan e a acadar as metas determinadas nesta lei”, concluíu González Abelleira.