Ameijide puido incurrir nun delicto de calumnias ó mentir deliberadamente sobre a execución da sentenza da ORA, que está suspendida polo Xulgado do Contencioso
O edil do PP dispón dunha copia do auto xudicial que suspendeu a execución da sentenza da ORA a raíz dun recurso presentado pola empresa Doal
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou esta tarde que o Goberno local emprenderá accións legais contra o Concelleiro do Partido Popular Antonio Ameijide, porque as graves acusacións que fixo hoxe este Concelleiro poden ser constitutivas dun delicto de calumnias.
Ante a gravidade duns feitos acontecidos esta mañá, o Concelleiro do Partido Popular, don Antonio Ameijide, reealizou unhas declaracións moi graves e por iso queremos anunciar que imos emprender accións legais contra esta persoa e, se fora necesario, contra o Grupo Municipal Popular, anunciou Sonia Méndez.
Méndez engadiu que se trata dunhas declaracións que pensamos que poden ser constitutivas dun delicto de calumnias contra este Goberno local, contra os funcionarios do Concello e contra a propia institución e sinalou que este Concelleiro, que iniciou a súa andadura política recentemente, se está convertindo nun bó discípulo de Jaime Castiñeira, estamos seguros de que él está detrás destas declaracións.
Xa son moitas as infamias verquidas por este Concelleiro, sinalou a Concelleira de Economía e chega un momento no que temos que actuar na Xustiza, aínda que non nos gusta xudicializar a vida política, pero vémonos na obriga de acudir ós tribunais para defender a nosa honorabilidade, que é o máis importante que temos, e á propia institución, que é o que máis nos importa.
Minte de maneira deliberada, intencionada e consciente, e iso ten unha tipificación penal, chámase delicto de calumnias, manifestou Sonia Méndez.
Tamén remarcou que está mentindo porque é coñecedor de que a execución da sentenza sobre o servizo do sistema ORA non se leva a cabo polo Concello porque existe un auto do Xulgado do Contencioso que ordena suspender a execución da sentenza e este Concelleiro do PP ten no seu poder copia deste auto porque lla entregou a Concellería de Economía.
O Concello deu todos os pasos necesarios para executar a sentenza ditada en xullo de 2012 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pero o Xulgado do Contencioso acordou suspender a execución do fallo do TSXG mentres estuda un recurso presentado pola empresa Doal.
Esta empresa, do grupo Vendex, considérase perxudicada pola forma de executar a sentenza decidida no seu día pola Xunta de Goberno Local e, por este motivo, presentou un recurso contencioso que foi o que provocou a suspensión da execución da sentenza da ORA.