O grupo municipal do PSdeG saíu ao paso das “mentiras” vertidas polo Partido Popular este luns garantindo que o Goberno socialista executará as obras de renovación do abastecemento da Ronda das Fontiñas, pavimentación da Ronda da Muralla e do entorno do Anxo Carro, e o alumeado de Recatelo. “É falso que estean en risco. Son obras moi importantes para a cidade que seguirán contando co financiamento necesario para a súa execución entre este ano e primeiros do 2016”, subliñaron os socialistas.
O PSdeG recomendou a Castiñeira que “deixe de crear falsas alarmas e se poña a traballar xa de verdade polo benestar e o progreso da cidade, algo que non está a facer cando, con argumentos insostibles, trata de xustificar que lle quiten a Lugo 4,1 millóns de euros nos Orzamentos da Xunta”.