Este abandono supón a paralización dun barrio creado entorno ás instalacións sanitarias

O Grupo Municipal Socialista de Lugo denuncia un feito grave que está sucedendo na cidade, o abandono por parte da Xunta. O goberno de Feijoo pretende cerrar o edificio da Residencia desatendendo as necesidades de Lugo e deixando un problema, que pode chegar a ser social, sempre coa pasividade do PP local.

O barrio da Residencia naceu e medrou entorno a unhas dotacións sanitarias que promoveron o afianzamento de numerosos negocios revitalizando dita zona. O abandono destes edificios conleva unha serie de consecuencias que poden ser moi prexudiciais para a imaxe de Lugo e para a vida dos veciños. Esta falta de interese da Xunta por promover novas alternativas para esta zona vai ocasionar grandes contratempos na zona, por un lado, a ocupación das instalacións abandonadas por marxinados sociais como sucedeu coa antiga Frigsa e, por outro lado, obviar as necesidades dos nosos maiores. O 23% da población lucense van ser dependentes nalgún momento da súa vida, o que quere dicir, que uns 4.370 maiores de 65 anos de Lugo só contan con 42 prazas na cidade para asistidos. As cifras demostran que Lugo ten unha necesidade urxente de prazas para maiores dependentes. A Xunta non pode poñer escusas orzamentarias para levar a cabo estas accións xa que se hai financiamento para construír unha goleta histórica na que se inverten 1.800.000 de euros máis o seu mantemento, debería habelo tamén para crear infraestructuras sociais de urxente necesidade.

Da mesma maneira, debemos facer fincapé na actitude do candidato do PP, Jaime Castiñeira, en torno ás decisións que adopta nas melloras para Lugo. Castiñeira no pleno ordinario do 6 de setembro deste mesmo ano, asegurou que a idea de crear unha alternativa para o edificio da Residencia parécelle unha proposta a estudar e interesante e nós apoiaremola ante a Xunta. Tres meses máis tarde, no Parlamento de Galicia vota en contra da proposta que fai o Grupo Parlamentario socialista. ¿Onde está a palabra de Castiñeira? El que é tan amigo da ética debería reflexionar se é ético dicir unha cousa en Lugo e outrra en Santiago. A esto chámaselle engano. Engano aos cidadáns lucenses que depositan a súa confianza nun político que non defende os intereses da súa cidade ante a Xunta. Ou ¿é que o seu partido non o ten en conta? Esto demostra a súa falta de interese e compromiso con Lugo.

Inspección Técnica de Edificios

A incoherencia de Castiñeira queda de novo manifesta nas súas declaracións sobre o ITE. Debemos lembrar que foi el que instou a cumprir a ordenanza no 2008 que obrigaba a pasar estas inspeccións.