Sorpresa e preocupación do Alcalde, López Orozco, polo trato que lle dan a Lugo os Orzamentos da Xunta para o ano que vén
O secretario xeral do PSOE da provincia, Ricardo Varela, dí que son uns Presupostos que castigan á provincia de Lugo froito do enfrontamento de Barreiro con Feijóo
O voceiro socialista no Parlamento Galego eloxia a transformación de Lugo e destaca que a Xunta prevé máis paro e menos investimento en Galicia en 2011
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola práctica totalidade do Goberno local e outros membros da corporación municipal, recibiu a última hora da mañá ó grupo parlamentario socialista da Cámara galega.
Na reunión que mantiveron con motivo desta visita, o Alcalde aproveitou para expresarlle ó grupo socialista do Parlamento galego a súa sorpresa e preocupación polo trato que recibe Lugo no proxecto de Presupostos da Xunta de Galicia para o ano 2011.
Non hai nada novo, só proxectos que veñen de moi antigüo, como o Auditorio ou o Plan Paradai, no que hai menos orzamentos dos que había previstos e o que se fai é dilatar no tempo as obras, co cal algunhas delas remataranse aló polo 2014 ou 2015 destacou o Alcalde.
José López Orozco tamén se declarou moi sorprendido polas previsións para o polígono industrial das Gándaras. Hai unha cantidade para o ano que vén, aínda que dicían que estaría finalizado este ano.
No encontro co grupo parlamentario socialista, o Alcalde de Lugo amosou, ademáis, a súa preocupación por los orzamentos en materia social. En primeiro lugar, referiuse a unha cuestión que calificou de tema xa manido: o trato que reciben da Xunta as escolas infantís. López Orozo indicou que temos duas novas escolas infantís terminadas, unha que fixo o Concello cos seus cartos e outra con achegas do Plan E e aínda non recibín resposta, e xa vai máis dun ano, sobre a colaboración da Xunta en algo no que é competente.
O Alcalde tamén se referiu ó trato que lle dá a Xunta á Lei de Dependencia. O Concello fai o esforzo, e manterémolo nos vindeiros Orzamentos do Concello, de adicar perto de 900.000 euros ós centros de día nos que reciben atención 90 persoas e non recibimos nin tan siquera boas palabras, salientou López Orozco.
Castigo á provincia de Lugo polas desavenencias de Barreiro e Feijóo
Para o secretario xeneral dos socialistas de Lugo, Ricardo Varela, son uns Presupostos de castigo para Lugo e considerou que a falta de compromiso da Xunta coa nosa provincia débese ás dificultades do PP de Lugo co PPdeG, entre Feijóo e Barreiro.
Ricardo Varela considerou que son os primeiros Presupostos nos que non hai ningunha iniciativa nova, ningún só proxecto ambicioso que abandonan a provincia de Lugo e tememos que iso ten que ver coas dificultades internar no Partido Popular.
Eloxio á transformación de Lugo e crítica ós Orzamentos da Xunta
O voceiro do grupo socialista no Parlamento Galego, Xaquín Fernández Leiceaga, eloxiou a singular transformación que viviu Lugo nos últimos anos e dixo que poucos exemplos hai en Galicia como Lugo que desde hai uns anos converteuse nunha cidade moderna que se transforma e que o Alcalde Orozco está levando a un posto destacado no conxunto do sistema urbano de Galicia .
Tocante ós Orzamentos da Xunta indicou que o que sucede coa nosa cidade é moi parecido ó que lle pasa ó resto de Galicia pola paralización de obras públicas e cifrou en arredor dun 36% a caída do volume de investimento da Xunta. Tamén asegurou que os Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2011 prevén un aumento do desemprego e a caída no nivel de ocupación que constrasta coa caída no nivel investidor mentres as contas do Estado son moi positivas para Galicia.
Leiceaga tamén considerou preocupante o recorte drástico en servizos sociais como sanidade, educación ou dependencia, nos que hai unha caída de 340 millóns de euros e criticou a existencia do que cualificou de problema de sostibilidade porque, segundo dixo, aumenta o nivel de endebedamento para facer moito menos con máis.
Ó seu xuizo, estes Orzamentos prolongan a atonía investidora da Xunta no ano e medio da Presidencia de Feijóo que nos levan camiño de que esta lexislatura sexa unha lexislatura perdida en termos de avances sociais e da modernización de Galicia.