O PP votou en outra dunha iniciativa da deputada socialista Concepción Burgo, que instaba ó Executivo galego a cumprir o que prometeu a través da sinatura dun convenio co Concello de Lugo, e a asumir a titularidade da infraestrutura, así como o seu mantemento
A parlamentaria acusa á administración autonómica de faltar aos seus compromisos de novo coa cidade de Lugo, o que pon en entredito a seriedade do goberno de Feijóo que non ten credibilidade ao incumprir continuamente os asuntos que ten pendentes coa capital luguesa
Ante a reiterada negativa da Xunta de Galicia de asumir os seus compromisos coa cidade de Lugo en relación ó cuartel de San fernando, a Deputada Concepción Burgo presentou hoxe no Parlamento unha proposición non de lei instando a Xunta de Galicia a asumir a titularidade desta infraestrutura, tal como esta administración se comprometeu no convenio asinado co Concello de Lugo, a incluír nos orzamentos unha partida para iniciar ós labores de mantemento do edificio e a comunicar un calendario de actuacións para a rehabilitación do cuartel e a construcción do Museo da Romanización de Galicia, prometido por Feijóo ós lucenses.
O incumprimento da Xunta está poñendo en grave risco un BIC como é o cuartel de San Fernando, indica, tal e como subliñou a socialista, a pouca importancia que dá o Executivo ó noso patrimonio histórico e tenta, con unha grande deslealdade institucional, pasarlle o problema ó mais débil que, neste caso, e a entidade local, que non conta con recursos para facerese cargo do edificio, nin ten ningunha obriga de facelo.
A Xunta recoñeceu a importancia histórico-artística do cuartel
A parlamentaria destacou a importancia histórica e artística do cuartel que a Xunta de Galicia recoñeceu ao declaralo BIC en 2009. Neste senso, afirmou que neste problema estase derimindo algo máis que o propio arranxo do edificio. Estase plantexando a seriedade do goberno galego e a credibilidade que ten a súa palabra, porque a Xunta de Galicia comprometeuse cun convenio asinado cláusula 4- co Concello de Lugo a recibir o cuartel de San fernando, a manter o edificio e a rehabilitalo para construír nel o Museo da Romanización de Galicia.
A este respecto, Concepción Burgo indicou que para que serve firmar convenios coa Xunta de Galicia se esta non ten vontade de cumplilos? Porque esta non é a única vez que Feijóo falta á súa palabra cos cidadáns de Lugo. Tamén prometeu reiteradamente que teriamos hemodinámica en Lugo 24 horas e non é certo, prometeu novos servizos no Hula que non temos, prometeu terminar o Plan Paradai e non vai facer a terceira fase, prometeu novos servizos no barrio da residencia e, agora, incumpre tamén a promesa de facerse cargo do cuartel de San fernando, concluíu.
A deputada socialista tamén criticou as formas que a Xunta está utilizando con respecto a este asunto. En ningún momento se puxo en comunicación co Alcalde da cidade para dicir que non ía facer o Museo da Romanización despois de prometelo tantas veces, nin para dicir que non quería facerse cargo deste BIC. En lugar do que sería normal nun goberno serio, entrevistarse co Rexedor, expoñendo os problemas e tentando chegar a acordos, o que fixo foi negar a evidencia e tentar ocultar as súas decisións de abandonar o cuartel ata que non foi posible enganar mais. Isto non é propio dun goberno leal coas institucións que mira polo ben dos cidadáns.
Este é só un problema da Xunta
Concepción Burgo incidiu en que este é un problema única e exclusivamente da Xunta de Galicia que logo de afirmar reiteradamente e de dar os primeiros pasos para a rehabilitacion do cuartel, decidiu unilateralmente que non o faría. Se fixera o Museo asumiría a titularidade do edificio, se decide unilateralmente non facelo, ten que asumir a súa responsabilidade e facerse cargo do cuartel e non deixar o problema ao Concello, afirmou.
Neste senso, engadiu: os socialistas poden entender que o proxecto do Museo se dilate no tempo por problemas económicos, pero non que, se a Xunta quere facelo, non dé un cronograma de actuacións. O goberno ten que ter claras as súas prioridades e comunicar os seus plans. Co anterior conselleiro se levaron a cabo as primeiras fases do proxecto, o concurso de ideas e a adxudicación da redación do proxecto, ían con retraso pero se continuaba co proxecto, en cambio agora néganse a facelo, concluíu a parlamentaria.