Ricardo Varela amósase “indignado” ante as declaracións desta formación política, e pide que dita documentación tamén sexa remitida as administracións asinantes do convenio que regula a execución desta infraestrutura. É dicir, o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia

Por este motivo, pídelle aos Gobernos do Partido Popular “máis seriedade” e, sobre todo, que “non desprecen a intelixencia dos lucenses”. “Ninguén no seu sano xuízo se cre que precisamente agora vaian a reformar a antiga e facer, ao mesmo tempo, a Intermodal na mesma ubicación, porque para iso hai que derrubar a existente. Ademais, a antiga non se mellorou en 50 anos. Isto é unha tomadura de pelo”, subliña

“As mentiras teñen as patas moi cortas e, en política, aínda máis. Ao PP quitámoslle a careta hai tempo cando eu mesmo descubrín, a través da documentación que se me facilitou, o seu xogo sucio”, afirma

O senador lucense –Ricardo Varela-, antes a últimas declaracións do Partido Popular sobre a Intermodal, nas que esta formación política afirma que o Ministerio de Fomento continúa co proxecto de construción, esixe ao PP que amose publicamente os documentos oficiais da orde de reinicio do proxecto de construción, e que, acto seguido, sexan remitidos ás administracións asinantes do acordo, que regulaba a execución deste infraestrutura; é dicir, o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.

O socialista amósase “indignado” polas afirmacións da senadora Carmen Leyte, pois foi a propia empresa ADIF a que revelou que o departamento estatal suspendeu o contrato de dita infraestrutura xa en 2012. Por iso, o socialista considera que “as mentiras teñen as patas moi cortas e, en política, aínda máis. Existen documentos oficiais que revelan o manilleo da Sra. Pastor e do Sr. Rajoy, e que nós fixemos públicos porque non era de recibo que os lucenses continuásemos vivindo na ignorancia, tal e como pretendía o Goberno. Ademais, por que onte votaron en contra da nosa iniciativa? Que é o que teñen que agochar?. E, para iso, pretenden convencernos dicindo que realizarán obras simultáneas na estación actual. Esta non é a solución”.

A este respecto, indica “ninguén no seu sano xuízo se cre que precisamente agora vaian a reformar a antiga e facer, ao mesmo tempo, a Intermodal na mesma ubicación, porque para iso hai que derrubar a existente. Ademais, a antiga non se mellorou en 50 anos. Isto é unha tomadura de pelo”. destaca Varela.

“Máis seriedade”
Neste senso, e dadas as continuas contradicións do Executivo estatal, o senador lucense pídelle aos populares “máis seriedade e que deixen de manipular así aos veciños desta provincia. Non se pode votar unha cousa e logo dicir outra, como que van realizar obras na estación actual, para intentar facer un lavado de cara e enmascarar a realidade. Ao PP quitámoslle a careta hai tempo cando eu mesmo descubrín, a través da documentación que se me facilitou, o seu xogo sucio”.

A este respecto, subraia, “os socialistas seguimos mantendo que, grazas a este Goberno, seremos a única provincia sen AVE. Sabemos que é máis fácil destruír que construír, pero este proxecto quedara encamiñado e listo, e isto xamais nolo poderán negar. O único que fixo o Partido Popular foi desfacer o traballo dos socialistas; un traballo, por certo, que nos ía situar á vangarda da Alta Velocidade non só en Galicia senón tamén en España”.

Por tanto, “o que queremos, indica, é que nos deixen de enganar. No Senado e no Parlamento de Galicia opóñense sistematicamente a que o Ministerio retome o proxecto. Isto é branco e en botella: non existe vontade política de cumprír o acordo asumido en 2010. Pedímoslles que deixen de terxiversar a información e, sobre todo, que non desprecen a intelixencia dos lucenses”, conclúe.