– O deputado e secretario provincial do PSOE lucense Ricardo Varela asevera que non é o momento dos negocietes, senón de facer esforzos para crear emprego, para dinamizar a economía de Galicia e de facilitar e para non espantar a implantación de novas empresas na provincia
– Denuncia que o precio fixado pola Xunta fai inviable a competitidade do polígono industrial das Gándaras, e impedira a creación de miles de postos de traballo na cidade de Lugo e na súa Comarca
– Reclama que se axuste o custe no precio medio do chan de Galicia xa que supón un 68/m2, fronte aos 107/m2 de Lugo
O deputado e secretario provincial do PSOE lucense Ricardo Varela interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar á Xunta, mediante unha Proposición, que a través da súa entidade xestora do chan industrial, modifique o prezo de venda das parcelas do polígono das Gándaras, axustando e rebaixando o seu prezo aos custes reais de posta en marcha desta infraestructura, e os prezos de mercado que fagan atractivo o investimento por parte das empresas nesta área de desenvolvemento e de creación de emprego no Concello de Lugo. Varela acusou ao candidato do PP á alcaldía de Lugo e actual concelleiro, Jaime Castiñeiras, de actuar como un saboteador e de atacar constantemente os intereses dos lucenses.
O deputado socialista advertiu, na súa intervención, que o precio esta ao 50% por riba da media do precio do chan industrial en Galicia, e en mais dun 75% do custo real por m2 da posta en marcha do polígono industrial das Gándaras.
Varela lembroulle ao Goberno de Feijoo que agora nun momento de crise como o actual, e advertiu non é o momento de buscar beneficios económicos para a administración, pero engadiu agora é o momento de impulsar a posta en marcha deste chan industrial, agora é o momento de incentivar as novas empresas. Ademais subliñou o esforzo do Pobo de Lugo, que a través do Concello, mercou o chan a través do Ministerio de Defensa, poñendo así a disposición da Xunta sen gañar nin un só euro, e asumindo tódolos gastos de xestión.
O deputado socialista asevera que non é o momento dos negocietes, senón de facer esforzos para crear emprego, para dinamizar a economía de Galicia e de facilitar e non espantar a implantación de novas empresas na provincia de Lugo, insistiu.
75% mais caro o precio da venta que o precio de custe
Sinala ademais que o custe do m2 do chan vale para a Xunta 10, e do da urbanización de 17m2/36m2, segundo se desprende das manifestacións verquidas polo candidato popular e concelleiro do PP Jaime Casteiñeiras (realizadas o pasado 13-11-2010). É dicir dun total de 27 m2 de custe real fronte ao 107m2 nos que a Xunta pretende vender as parcelas das Gándaras, é dicir un 75% mais caro o precio da venta que o precio de custe.
Privatización do parking do novo Hospital
Nese punto o líder socialista acusou a Castiñeiras de actuar como un autentico saboteador dos intereses de Lugo, poñéndose sempre a favor da Xunta e en contra dos lucenses como por exemplo coa privatización do parking do Hospital novo, e que tamén foi apoiada polo portavoz do PP, ou votando en contra da utilización das instalacións do vello hospital para poñer en marcha dotacións sociosanitarias necesarias para Lugo e o Barrio da Residencia.
Por ultimo sinala que este precio fixado pola Xunta fai inviable a competitidade do noso polígono industrial, e impedira a creación de miles de postos de traballo na cidade de Lugo e na súa Comarca.
Emenda do PP
Sobre a emenda presentada polo PP sobre este asunto, Varela replicou que o Informe que solicitan os populares non é necesario, xa que aparece reflectido claramente nos orzamentos da Xunta, donde consta claramente o precio deste parque empresarial. E reclamoulle ao PP que non faga mais manobras de dilación, nin tampouco mais cortinas de fume, e resumiu porque os lucenses esperan unha reposta do Goberno de Feijoo, concluíu.