O senador socialista lamenta que os populares desperdiciasen unha oportunidade excepcional para rectificar a decisión de Fomento; o que demostra que o Sr. Rajoy e a Sra. Pastor condenan, definitivamente, a Lugo a quedar fóra do mapa da Alta Velocidade
Limitarse a dicir que van realizar obras na estación actual, realmente é un insulto á intelixencia dos lucenses. Iso é o mesmo que dicir que pasamos de estar situados á cabeza do no mapa do AVE en España a ser a única capital de provincia sen esta infraestrutura, subliña
Considera que Partido Popular, unha vez máis, volveu a deixar clara a nula vontade política para solucionar o veto do Ministerio, pois no Parlamento de Galicia esta formación tamén votou en contra da Proposición non de Lei, a través da cal os socialistas pedían á Xunta que garantise o cumprimento do acordo asinado a tres bandas Concello, Xunta e Ministerio-, e que posibilitaría a chegada do AVE a Lugo
Por todo elo, Ricardo Varela considera que se trata da maior agresión á obra pública de Lugo do último século. Sen Intermodal e a paralización da variante de Pobra de San Xillao non hai Alta Velocidae. Realmente, resulta dramático, afirma
O Partido Popular rexeitou este xoves no Senado a moción presentada Ricardo Varela, e a través da que o Grupo do PSOE solicitaba ao Goberno Central que retomase, de xeito inmediato, o proxecto da Estación Intermodal de Lugo, para evitar que esta provincia sexa a única de Galicia sen AVE. Deste xeito, o senador lucense lamenta profundamente que se castigue deste xeito a Lugo. O PP tiña unha oportunidade excepcional para rectificar a decisión de Fomento, pero, unha vez máis, deixou claro que non ten o mínimo interés en que se cumpra o compromiso asumido coa nosa provincia.
Deste xeito, considera que, coa votación dos populares, se constata que o Sr. Rajoy e a Sra. Pastor condenan, definitivamente, a Lugo a quedar fóra do mapa de Alta Velocidade. Que se limiten a dicir que van realizar obras na estación actual, realmente é un insulto á intelixencia dos lucenses. Iso é o mesmo que dicir que pasamos de estar situados á cabeza do mapa do AVE en España a ser a única capital de provincia sen esta infraestrutura. Lamentablemente, esta é a trista realidade, sublilña
Intenso traballo do PSOE
Unha vez que o senador descubríu o o engano deliberado do Executivo estatal Fomento eliminou o contrato do proxecto hai dous anos e paralizou a execución da variante da Pobra de San Xillao-, os socialistas iniciaron unha intensa campaña institucional para sumar apoios e evitar que o Ministerio de Fomento marxinase á provincia na chegada do tren de Alta Velocidade. En marzo, os concellos de Lugo e Monforte formaron un eixo en defensa do AVE. En maio, tamén implicaron á CEL, pois os empresarios foron abandeirados na súa defensa, e, posteriormente, presentaron iniciativas no Parlamento de Galicia, concellos e no Senado.
Reprodúcese a votación do Parlamento
Cos votos en contra, o Partido Popular volveu a deixar clara a nula vontade política para solucionar o veto do Ministerio. Previamente, e no Parlamento de Galicia, esta formación tamén rexeitou a Proposición non de Lei presentada polos socialistas para que a Xunta garantise o cumprimento do acordo asinado a tres bandas Concello, Xunta e Ministerio-.
Por este motivo, Ricardo Varela considera que se trata da maior agresión á obra pública de Lugo do último século. Sen Intermodal e a paralización da variante de Pobra de San Xillao non hai Alta Velociade a Lugo. Realmente, resulta dramático, afirma.
O proxecto quedara encamiñado
O senador volveu a pedir hoxe que o Goberno Central retomase, no menor tempo posible, o acordo subscrito en 2010 porque José Blanco, cando diríxía a carteira de Fomento, deixara o proxecto totalmente encamiñado. Concretamente, antes de producirse o cambio de Goberno, o Executivo adxudicou o proxecto por valor de 630.000 euros. Isto implicaba que o proceso de redacción rematase en 27 meses, é dicir, o 8 de setembro de 2013.
No protocolo establecíanse, ademais, as pautas de financiamento. O Ministerio encargaríase da nova estación e do 50% das actuación de reurbanización do contorno; o Concello asumiría o importe da adecuación da estación actual, no momento en que deixase de funcionar; e, o Goberno galego, sufragaría o custo da nova estación de autobuses, ademais do 50% das actuacións necesarias para a loxística da nova infraestrutura.