Jaime Castiñeira volve, unha vez máis, “dar a espalda a todos os lucenses en favor da Xunta”

López Orozco destacou que o candidato do PP non actúa como lucense nin ante as necesidades da cidade, como é a falta de emprego.

O candidato do Partido Popular de Lugo, Jaime Castiñeira, volveu manifestar no Pleno celebrado esta tarde cales son as súas prioridades: primeiro Xunta, segundo Xunta, terceiro Partido Popular e no último posto os lucenses.

Os lucenses saen perxudicados dunha proposición na que só votou a favor o Partido Socialista e que pedía á Xunta o abaratamento do solo empresarial de As Gándaras. Pola súa contra o Partido Popular votaba en contra de instar á Xunta para mellorar a capacidade de Lugo en dotar de solo empresarial a todos os empresarios e emprendedores lucenses, co obxectivo de crear emprego. O que pretende o Concello é que se abarate o prezo para favorecer a iniciativa privada que é quen agora ten xerar emprego, sempre coa axuda das administracións. Como lembrou López Orozco, “o paro é o problema posiblemente máis serio que ten a nosa cidade dende hai tempo” polo que temos que traballar para fomentar o emprego e facilitar a incorporación laboral dos lucenses.

López Orozco recriminou ao candidato popular que “vive de espaldas para Lugo e para os intereses da cidade, que neste momento o que precisa é solo empresarial con boas prestacións para o asentamento de novas empresas.” Destacou ademais que Jaime Castiñeira “non actúa como lucense e xa se verá o que pasa no Parlamento de Galicia cando teña que defender esta proposicion porque se terá que poñer en contra de Lugo.”

A postura de Jaime Castiñeira ven a demostrar o pouco interese que, a o alcaldable, lle suscita a cidade poñéndose unha vez máis como defensor da Xunta e dos lucenses. En este senso, López Orozco, tamén lle recordou que “o que está facendo todo o traballo da delegación da Xunta en Lugo é Jaime Castiñeira” facendo referencia a que representa ao ente autonómica que a propia delegada.

Unha vez máis, o PP, recrimina pero non dá solucións para mellorar a calidade de vida dos lucenses nunha materia como a creación de emprego, que a día de hoxe é importante para todos menos para a Xunta.