Luis Álvarez subliña que Castiñeira empeza a ter problemas no seu partido porque nunca está en Lugo
O Portavoz Socialista, Luis Álvarez, dixo que por un día a Jaime Castiñeira tocoulle traballar no Concello de Lugo, porque aínda foi hoxe á Concellería de Urbanismo a consultar o expediente da Unidade CS-5, que se corresponde co solar onde está o edificio do Garañón.
Jaime Castiñeira ten problemas dentro do seu propio partido, porque sempre está en Santiago e nunca está en Lugo segundo manifestou Luis Álvarez. Ademais explicou que dá a impresión de que el tocou de oído con respecto a este asunto, porque despois de todo o que ten falado, aínda foi hoxe consultar ese expediente, cando xa tiña que sabelo de memoria e ter unha fotocopia como libro de cabeceira, e mentres fala e fala, ademais de vaticinar o que vai a pasar.
Como dixo moi claro onte o Alcalde, Luis Álvarez, recordou que o Garañón esta aí por culpa da edificabilidade que lle deu a esas parcelas o Plan Xeral do ano 90 aprobado polo Partido Popular, e agora empezan a ter un problema, porque foron eles os que lle deron esa edificabilidade.
En temas urbanísticos, o Concello de Lugo está cheo de sentenzas ó seu favor, que avalan a xestión municipal, segundo aclarou Luis Álvarez. Tamén resaltou que a Xustiza vai a ter a súa disposición canta documentación lle reclame ó Concello, como se fixo sempre desde a absoluta tranquilidade que dá ter a conciencia tranquila e ter a certeza de que o que se fixo foi aplicando un criterio correcto.