Os socialistas fixeron estas valoracións logo de coñecer o compromiso do Goberno galego para o vindeiro exercicio, e que diminúe, segundo apuntou Burgo no caso da cidade de Lugo, un 54,5% con respecto ao de 2014
Afirman que, novamente, son un orzamentos de publicidade e de propaganda, pois corresponden a actuacións que Feijóo leva prometendo dende 2010 por valor de 172 millóns de euros, pero que, na práctica, tan só están rematadas dúas: o polígono das Gándaras, que foi inaugurado en 2010, e o hospital Lucus Augusti, que abriu as súas portas en 2011
Burgo desmonta as mentiras de Castiñeira. En primeiro lugar, a partida de 2,5 millóns para a investigación do Campus, pois esta non existe, senón que está substraída do plan de financiamento do sistema universitario galego. E, en segundo lugar, os 783.000 euros destinados a Cultura, xa que se un suma todas as consignacións que fai o Executivo para toda a provincia neste senso tan só suman 332.000 euros
Os deputados autonómicos Juan Carlos González Santín e Concepcion Burgo- subliñaron este xoves que os Orzamentos que a Xunta de Galicia destinará o vindeiro ano a Lugo son continuistas, electoralistas e partidistas. E é que tal e como destacou o secretario Provincial, non só no traen nada novo para a cidade, a comarca e a provincia, senón que reflicten que o Goberno galego abandona ás 22.202 persoas que se atopan no paro. Proba delo, asegura, é que a administración autonómica tan só vai investir 679 euros ao ano por parado, pouco máis de 50 euros ao mes; unha cantidade insuficiente e inxusta para estas persoas que o están a pasar tan mal.
Incumprimentos sistemáticos na cidade de Lugo
Os socialistas fixeron estas valoracións logo de coñecer o investimento que prevé investir en Lugo o Goberno galego o vindeiro exercicio, e que diminúe, segundo apuntou Concepción Burgo, un 54,5% con respecto ás de 2014. Concretamente, para proxectos na cidade, a Xunta contemplaba na anterior anualidade máis de 16 millóns de euros e, este ano, tan só dedica algo máis de 7 millóns.
Pero é que, ademais, son un orzamentos de publicidade e de propaganda, pois corresponden a actuacións, que foron prometidas polo titular autonómico ano tras ano dende que chegou á presidencia da Xunta, e que volven a ser comprometidas en 2015: implantación no HULA dos servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear no HULA; rehabilitación do Cuartel de San Fernando; construción do Museo da Romanización; remate do Plan Paradai; execución da Ronda Leste; finalización do corredor Sarria-Monforte; atracción de empresas para o polígono da Gándaras e chegade do AVE a Lugo, prometida polo presidente da Xunta en 2009 cando ofrecía un mitin na cidade.
Destas actuacións, que suman un total de 192 millóns de euros, segundo a cantidade presuposta nos últimos cinco anos, tan só rematou ao 100% dúas: o polígono das Gándaras, que foi inaugurado en 2010, e o hospital Lucus Augusti, que abriu as súas portas en 2011. As restantes, ou ben nin se iniciaron ou teñen un escaso grado de execución:
As mentiras do Sr. Castiñeira
Neste senso, Concepción Burgo denunciou que, o Sr. Castiñeira tivo que inventarse cousas porque isto non sumaba; cuestión que demostra que moita influencia na Xunta de Galicia non ten, a pesares de ser deputado autonómico. Concretamente, o voceiro do PP no concello de Lugo inventouse os 2,5 millóns para a investigación do Campus. Pero eu lle digo que é unha mentira, e o repito claramente. Non existe ningunha partida. Isto é substraído do plan de financiamento do sistema universitario galego e do que lle corresponde á Universidade de Santiago de Compostela. El fai un cálculo, pero o que hai son recortes e carencias que provocan una progresiva perda de calidade na educación universitaria.
Polo que respecta á Cultura, di o señor Castiñeira que se vai investir 783.000 euros. Isto tampouco é certo, porque se un suma todas as partidas que destina a Xunta a toda a provincia tan só suman 332.000 euros. Por tanto, só nos queda concluír que son uns Orzamentos escasos, indignantes, frustantes e cheos de propaganda, ao tempo que demostran que o Partido Popular, co Sr. Castiñeira á cabeza, non ten credibilidade. Nin tan sequera a Xunta de Galicia lle axuda para conseguir a alcaldía, afirmou Burgo.