A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o proxecto de renovación da rede de abastecemento da zona por 233.500 euros

O Grupo Municipal Socialista esixiulle este mércores ao Partido Popular que pida desculpas públicas por asegurar que o Goberno local puxo en risco as obras de renovación da rede de abastecemento na Ronda das Fontiñas, pois estas obras, moi importantes para a cidade, foron adxudicadas na sesión da Xunta de Goberno Local deste mércores.

O PsdeG subliñou que se trata dunha acusación falsa que se enmarca na estratexia do medo e da mentira que utiliza o Partido Popular e que choca frontalmente coa realidade. O Goberno socialista executará as obras de renovación do abastecemento na Ronda das Fontiñas, unhas obras adxudicadas por 233.500 euros que comezarán a primeiros de ano.

O Grupo Municipal Socialista recomendou ao PP que deixe de enganar aos lucenses e se poña a traballar polos intereses dos veciños e veciñas desta cidade.