Participaron no reparto o Alcalde de Lugo, José López Orozco, varios concelleiros, membros da Executiva Local do PSdeG-PSOE e militantes socialistas
O PSOE levou a cabo esta mañá unha xornada de mobilización electoral nas principais cidades de España na que dirixentes, militantes e simpatizantes do Partido repartiron máis de dous millóns de folletos en 250 cidades.
Nesta xornada, os socialistas instalaron mesas de proximidade e contacto cidadán nos principais barrios, prazas e rúas das cidades españolas maiores de 15.000 habitantes.
Na cidade de Lugo participaron no reparto o Alcalde de Lugo, José López Orozco, varios concelleiros, membros da Executiva Local do PSdeG-PSOE e militantes socialistas.