As mulleres socialistas denunciaron a falta de compromiso da Xunta con Lugo en todos os ámbitos, “a pesares de estar todos os dias na cidade.”

Os membros da candidatura socialista de Lugo, Sonia Méndez e Carmen Basadre, acompañadas da maioría das mulleres da candidatura electoral, presentaron algunha das propostas en materia de muller que están no programa electoral de López Orozco.

O equipo feminino de López Orozco reivindicou a necesidade de seguir mellorando a calidade de vida, sobre todo, das mulleres que, na maioría dos casos, son as que teñen cargas persoais. Neste aspecto, Sonia Méndez, incidiu “ en que todos os programas de inserción laboral e formación realizados no Concello, tiveron preferencia as mulleres ao tratarse dun sector máis desigual”.

Da mesma maneira, a socialista, Sonia Méndez, explicou que nos próximos catro anos “imos presentar unha campaña de sensibilización e fomentar a creación de empresas para mulleres, especialmente no rural, a través da comercialización de produtos autóctonos.”

Ademais de que se “creará un proxecto para mulleres con discapacidade, para seguir coa liña de traballo que temos no Concello, de fomento de creación de emprego en persoas con diversidade funcional. Desta maneira crearase un centro específico para persoas con discapacidade no CEI-NODUS”, segundo Sonia Méndez.

Desenvolvemento do III Plan de Igualdade

Para Carmen Basadre “as mulleres socialistas queremos unha cidade para vivir e, por iso, dende o equipo de López Orozco queremos continuar promovendo novas medidas de conciliación familiar e de co-responsabilidade.”

Basadre anunciou que “vamos levar a cabo o III Plan de Igualdade, dentro do cal se elaborará un plan específico de medidas de conciliación, ampliando as ociotecas, a atención de nenos e nenas daqueles pais que vaian a cursos de formación, creando un programa de respiro familiar para familias con rapaces de ata 25 anos con diversidade funcional.”

As medidas do programa do PSdG-PSOE son medidas de conciliación “como a ampliación da axuda a domicilio, a ampliación da comida a domicilio, de comedores e centros de convivencia do Concello “ En palabras de Carmen Basadre, “non nos esquecemos das vítimas da violencia de xénero, polo que, imos seguir fomentando as campañas de sensibilización e levar a cabo talleres de apoio para as mulleres e nenos vítimas de violencia de xénero.”

Carmen Basadre lembrou que “o concello apostou pola conciliación coa creación de 3 escolas infantís das que a Xunta non quixo saber nada, e pasamos de ter 1 a 4” e anunciou que “queremos seguir nesa liña polo que ampliaremos o horario dunha das escolas infantís para cubrir as necesidades horarias de moitas familias”.

Críticas á Xunta

Sonia Méndez tamén reivindicou a falta de compromiso da Xunta con respeto ás necesidades dos lucenses, ten un “goberno dirixido polo PP, impotente porque non foi quen de preparar en dous anos o contrato da limpeza da Muralla que tanto necesita Lugo, e caciquil xa que temos que estar en campaña para que o presidente Feijoo se decida a proceder á limpeza da Muralla e para visitar todos os dias Lugo.”

A número 3 da candidatura quixo denunciar que na visita que o Presidente da Xunta fixo hoxe aos empresarios de Lugo “só se trasladaron as mentiras que lle conta o seu candidato e, o peor de todo, é que pensa que son verdade.” Sonia Méndez apuntou que “a información que facilita Feijoo sobre Lugo é falsa” e salientou que “é curioso que fale da débeda financieira de Lugo, que por certo se reduciu nos últimos anos desde que esta Orozco, un presidente da Xunta que aumentou en dous anos o 70% da débeda da Xunta de Galicia.”
Sonia Méndez finalizou dicindo que “non consentimos que veñan contar mentiras porque o Concello de Lugo é o máis transparente de España”