A dotación dos polígonos industrias, do CEAO e as Gandaras, son fundamentais para o desenvolvemento econonómico, segundo destacou Sonia Méndez
Os membros da candidatura socialista, Sonia Méndez e Ana González Abelleira presentraron novas propostas, en materia de emprego, do programa electoral co que concorre o PSdG-PSOE Lugo ás eleccións do 22 de maio.
Neste sentido, o partido socialista aposta pola creación dun Centro de Negocios no polígono do CEAO con espazos destinados ás empresas. O obxetivo será garantir a supervivencia das empresas que saen dos viveiros de empresas da cidade. Con esta medida preténdese dar continuidade e facilidades para que os emprendedores non se teñan que preocupar polo mantemento e busca dun local.
Sonia Méndez explicou que se trataría dunha serie de naves e edificios industriais con equipos determinados para que aquelas empresas que necesiten solo industrial se poidan asentar neles en réxime de aluguer con opción a compra, sempre que presenten proxectos viables. En referencia ao réxime das locais salientou que non serán gratuítos pero si máis baixo que os alugueres normais.
Esta demostrado que este Concello apostou polos emprendedores creando xa hai anos o CEI- Nodus, no antigo cuartel de Garabolos. Para Sonia Méndez este viveiro que xa deu os seus froitos xa que se crearon 30 empresas, cos seus correspondentes postos de traballo. A metade deles xa está fora das instalacións e todas as empresas ficaron na nosa cidade.
Para a candidata socialista, é importante destacar, e está máis que demostrada, a nosa aposta polos emprendedores xa que os empresarios e emprendedores son fundamentais para a nosa cidade. Do mesmo xeito, Sonia Méndez, salientou que o PP xa manifestou en distintas ocasións que o Concello non debe ter un centro de empresas. É dicir, o PP cargaríase o CEI en caso de que gobernara.
Para Sonia Méndez nós pola contra queremos potenciar o Centro de Empresas que temos na actualidade, que queremos ampliar. Ademais de dotar aos emprendedores de naves industriais, de pequeno tamaño, entre un taller e unha fábrica para o desenvolvemento das empresas. Así, fixo referencia a que cumpren ás necesidades que nos plantexaron os xóvenes empresarios e os emprendedores nas reunións mantidas con eles.
A creación e reactivación do emprego é un dos principais obxetivos deste equipo que levan anos desenvolvendo políticas activas de emprego, a pesares de que non ter as competencias, pero fano porque é unha das súas principais preocupacións. Por este motivos fan da activación do emprego ó eixe máis importante para buscar que todos esteamos locos por un Lugo activo.