Unha das propostas é a creación dun convenio con Santiago e A Coruña para desenvolver un bono cultural de Cidades Patrimonio Mundial.
Díaz Grandío salientou a falta de compromiso da Xunta para abrir os Museos de San Roque e o de Santa Eulalia de Bóveda.
Os membros da candidatura, Sonia Méndez, José Manuel Grandío e Francisco Fraga, presentaron novos puntos, en materia de turismo e emprego, do programa electoral co que concorre o PSdG-PSOE Lugo ás eleccións do 22 de maio.
Neste sentido, o partido socialista aposta pola formación de mozos e mozas, e creación de empresas do sector cultural e turístico, a través das axudas do Plan Urban e do viveiro de empresas do CEI, como remarcou a número 3 da candidatura, Sonia Méndez: consideramos que o turismo vai ter moita importancia dende o punto de vista da creación de emprego e empresas e para que as persoas que nos visitan deixen ingresos na cidade.
Para os socialistas a nosa historia é unha oportunidade económica, e o turismo un sector fundamental para o desenvolvemento económico da cidade. Sonia Méndez tamén destacou que imos formar a persoas desempregadas en temas relacionados cos sectores do turismo e a industria cultural, e do sector audiovisual ou de artes gráficas. Propiciaremos a creación de empresas dende o CEI onde se poderán aloxar nos primeiros anos pero sen esquecer que as que o fagan no centro histórico terán axudas do Plan Urban. Co que se propicia a creación de emprego e empresas.
Outra das medidas anunciadas polos socialistas lucenses, é recuperar os valores históricos da cidade como salientou Sonia Méndez unha pata fundamental é o turismo cultural, como as fiestras arqueolóxicas, coas que se fará un circuíto por todas elas, non só no centro histórico senón noutros xacementos como o da Piringalla.
Os puntos fortes do turismo
José Manuel Díaz Grandío centrouse nas propostas máis concretas en materia de turismo, así salientou que son catro puntos fundamentais nos que vamos afondar: o turismo gastronómico, o cultural e relixioso, o natural e o deporte. Díaz Grandío destacou a aposta que se fixo dende o goberno de José López Orozco por fomentar o deporte na cidade e afirmou que se seguirá facendo porque xera negocio e postos de traballo.
En materia de turismo cultural-relixioso apostou por seguir coa promoción da Semana Santa lucense, da que en breve haberá novidades, e, destacou, a creación dun convenio coas cidades de A Coruña e Santiago para facer un bono Cidades Patrimonio Mundial que favorecerá o fluxo de turistas entre ditas cidades.