Outra das medidas en materia de emprego é a posta en marcha dun programa para evitar o peche de negocios na cidade.
López Orozco lembrou tamén que se potenciará a innovación entre o empresariado lucense.
José López Orozco, candidato do PSdG-PSOE de Lugo, acompañado polos membros da candidatura Sonia Méndez e Luis Álvarez, continuaron coa presentación que están facendo das propostas máis destacadas do programa, neste caso, en materia do fomento do emprego, o eixo transversal de toda a súa xestión de goberno.
Desta maneira, López Orozco, referiuse á necesidade de apoiar aos emprendedores e aos autónomos, xa que, para o socialista fomentar o comercio significa fomentar o emprego. Por iso queremos crear unha Concellería de Emprendedores e Autónomos, porque só na provincia de Lugo hai 38.000 autónomos que xeran, non só autoemprego, senón emprego para os demais.
Coa creación desta Concellería darase a oportunidade de reducir trámites e taxas, establecendo un único punto de referencia para os empresarios, emprendedores e autónomos que queiran poñer en marcha negocios. López Orozco explicou a necesidade desta nova entidade para que atenda os problemas que lles xurdan como pode ser o problema da sucesión da empresa que, moitas veces, por non saber como facer pechan cando podería haber persoas dispostas a seguir con elas.
A outra proposta presentada é a posta en marcha de un programa que permita poñer en contacto aos autónomos que queren pechar o negocio ou que teñen locais baleiros, con persoas interesadas en crear novos comercios, desta maneira aseguraríase a continuidade e creación de postos de traballo. Ademais de seguir apostando e potenciando as novas tecnoloxías dentro do sector empresarial mediante xornadas, cursos e axudas que permitan manter ás empresas á orde do día.
A creación e revitalización do emprego é o principal obxetivo do equipo de López Orozco, que incidiu no traballo que se leva feito dende o Concello como un traballo fundamental e que logramos ter neste lugar (Referíndose á Praza de Campo Castelo), si logramos ter unha cidade limpa, cos xardíns ben amañados, unha cidade que axude ao comercio ben co Plan Urban ou con subvencións, lograremos unha cidade na que se viva e que poida xerar emprego. A nosa misión é esa e nese traballo imos continuar. O candidato socialista lembro que non é a nosa competencia pero si a nosa principal preocupación.