Esta proposta respalda as presentadas en materia de emprego e fomento de emprendedores, cunha Concellería, un Centro de Negocios e novas axudas.

Todos os sectores da sociedade son importantes para os socialistas por iso apostan mellorar a calidade de vida dos recén xubilados ou prexubilados

“A calidade de vida dos lucenses é a nosa prioridade”, con estas palabras presentou unha nova proposta do PSdG-PSOE, Carmen Basadre e Luis Álvarez, membros da candidatura de López Orozco.

A programa que presentaron “é unha novidade que ten que ver cos maiores que foron empresarios ou empresarias e que agora lles chegou a hora da xubilación. Nós queremos que entren nesa segunda xuventude con alegría e que despois de haber loitado tanto por sacar o seu negocio poidan seguir pasando esa experiencia” segundo explicou Carmen Basadre.

Carmen Basadre incidiu que “a esa idade necesitan descansar pero non queremos desaproveitar a súa experiencia, por iso queremos crear dende o Partido Socialista unha rede de asesores nas que os xubilados aconsellen aos novos empresarios.”

Desta maneira conséguese que, a partir da xubilación, sigan tendo unha vida activa e plena ao ocupar parte do tempo cunha actividade xa coñecida por eles. Por outra banda, os que comezan con novas empresas podan contar coa experiencia e consello dos que foron empresarios nalgún momento e poden prever determinadas actuacións.

Esta proposta súmase a outras xa presentadas, como a Escola de Emprendedores, a Concellería de Autónomos e Emprendedores ou o Centro de Negocios do Ceao que permiten fomentar a iniciativa dos lucenses para crear novas empresas e novos postos de traballo.