Esta proposta respalda as presentadas en materia de emprego e fomento de emprendedores, cunha Concellería, un Centro de Negocios e novas axudas.
Todos os sectores da sociedade son importantes para os socialistas por iso apostan mellorar a calidade de vida dos recén xubilados ou prexubilados
A calidade de vida dos lucenses é a nosa prioridade, con estas palabras presentou unha nova proposta do PSdG-PSOE, Carmen Basadre e Luis Álvarez, membros da candidatura de López Orozco.
A programa que presentaron é unha novidade que ten que ver cos maiores que foron empresarios ou empresarias e que agora lles chegou a hora da xubilación. Nós queremos que entren nesa segunda xuventude con alegría e que despois de haber loitado tanto por sacar o seu negocio poidan seguir pasando esa experiencia segundo explicou Carmen Basadre.
Carmen Basadre incidiu que a esa idade necesitan descansar pero non queremos desaproveitar a súa experiencia, por iso queremos crear dende o Partido Socialista unha rede de asesores nas que os xubilados aconsellen aos novos empresarios.
Desta maneira conséguese que, a partir da xubilación, sigan tendo unha vida activa e plena ao ocupar parte do tempo cunha actividade xa coñecida por eles. Por outra banda, os que comezan con novas empresas podan contar coa experiencia e consello dos que foron empresarios nalgún momento e poden prever determinadas actuacións.
Esta proposta súmase a outras xa presentadas, como a Escola de Emprendedores, a Concellería de Autónomos e Emprendedores ou o Centro de Negocios do Ceao que permiten fomentar a iniciativa dos lucenses para crear novas empresas e novos postos de traballo.
Críticas ao programa do PP
Pola súa parte, Luis Álvarez congratulouse de que o Partido Popular leve no seu programa propostas que dende o Concello se leva facendo dende hai anos é dicir, falan como dunha novidade de ampliar os horarios escolares cando este Concello foi pioneiro en facelo cos almorzos saudables, antes do horario lectivo e despois con actividades extraescolares.
Tamén fixo referencia á proposta de medidas para o absentismo escolar xa que o Concello de Lugo foi o primeiro de Galicia en firmar un protocolo nesta materia ao que máis tarde se sumaron máis concellos desta provincia. A conclusión que sacou é que os membros do PP saben moi pouco das necesidades educativas desta cidade.