Ante o abandono da Xunta, Sonia Méndez, explicou as necesidades de mellorar a calidade de vida na zona da Tinería

A número 3 da candidatura socialista, Sonia Méndez, presentou unha nova proposta do Partido Socialista en materia de emprego e emprendemento para dar uso aos baixos comercias que ten a Xunta na zona da Tinería.

Sonia Méndez explicou que “nos tres locais e baixos comercias que ten a Xunta na Tineria, e que están rehabilitados pero abandonados, facemos a seguinte proposta: que a Xunta en lugar de vendelos e desfacerse de eles, pedimos que se cedan a emprendedores e que funcionen a modo de viveiro de empresas”.

Para apoiar esta iniciativa, “dende o Concello ofrécese a experiencia do CEI e tamén financiacion para as emrpesas a través do Plan Urban” segundo Sonia Méndez. A candidata socialista lembrou a importancia que esta medida tería para a rehabilitacion social e economica da zona.

Sonia Méndez tamén se referiu á visita do Director Xeral de Cultura, Rei Pichel, do que lembrou que “fai pouco o candidato a alcaldía de Santiago, Conde Roa, pediu a súa dimisión”, explicou que “é un insulto para os lucenses que veña facer unha foto cos operarios xusto en época electoral, ¿que fixo a Xunta nestes dous anos para limpar a Muralla? ”.

A socialista lembrou que “a Xunta actúa do mesmo xeito coa rehabilitacion da Fonte da Pinguela, paralizada dende hai anos, e estamos ante unha obra de emerxencia xa que se trata dun espazo público abandonado que se ve dende a Muralla, perxudicando o seu estado aos comercios da zona”.

Neste aspecto, López Orozco, ofreceuse a que o Concello se faga cargo da rehabilitacion da Fonte da Pinguela, con cargo ao Plan Urban sen recibir resposta da Xunta, “nen comen nen deixan comer”, segundo Sonia Méndez.