Entre as propostas do programa electoral socialista está elaborar unha Lei sobre o Dereito de Acceso á Cultura, un proxecto de apoio á creación cultural e a rebaixa do IVE das actividades culturais
O programa electoral do PSOE para as próximas eleccións xerais do 20 de decembro recolle distintas propostas que avogan pola cultura como eixo do desenvolvemento territorial.
Entre as medidas máis destacadas atópase a aprobación dunha Lei sobre o Dereito de Acceso á Cultura que define as prestacións básicas de acceso aos servizos culturais para a toda cidadanía en todo o territorio. Ademais elaborarase un programa destinado ao apoio e mantemento de establecementos culturais, sexan estos públicos ou privados, con especial atención ás librarías, bibliotecas, centros de música en vivo e teatros.
O PSOE, dentro do seu apoio á cultura como cuestión de Estado e como sinal de identidade, recuperará o Ministerio de Cultura e rebaixará o IVE ás actividades culturais como cine, teatro, circo, danza ou música, en liña co imposto aplicable noutros países do entorno. Promover a modificiación da normativa armonizada europea para que se poidan aplicar tipos reducidos aos libros, xornais e revistas electrónicas ou dixitais é outra das apostas do PSOE.