Luis Álvarez advirte a Castiñeira que pode pasar a ser un candidato caducifolio
O Portavoz Socialista, Luis Álvarez, respondeu hoxe ás desafortunadas e graves acusacións formuladas por Jaime Castiñeira, que rapidamente deuse por aludido respondendo ás declaracións realizadas nunha rolda de prensa por Álvarez. O Portavoz Socialista afirmou que Castiñeira ao darse por concernido, por algo será.
Luis Álvarez tamén quixo resaltar a maneira utilizada polo Partido Popular para contestarlle, xa que enviaron un corte de audio gravado aos medios de comunicación, deste xeito Jaime Castiñeira non quixo dar a cara. Algo que mantén concordancia co modo habitual de actuar do PP en situacións de conflito, xa que unhas veces utilizan o plasma e outras veces o audio, para que non se lles vexa a cara que poñen mentres falan.
O Portavoz Socialista contrapuxo isto á actuación dos representantes do Goberno Local, que sempre dan a cara respondendo en roldas de prensa ás preguntas que queiran formularlles os xornalistas, xa que o Alcalde de Lugo, como máximo representante do Concello, ten comparecido e vai a comparecer sempre que sexa necesario, mentres outros utilizan a tecnoloxía para poñerse en contacto cos medios de comunicación.
Luis Álvarez dixo que entende a preocupación de Jaime Castiñeira, porque ao mellor ten que empezar a explicar a existencia de posibles coincidencias entre a súa rotunda oposición a un modelo de xestión, como era a empresa de economía mixta da auga, e posibles contactos con empresas que se dedican a xestionar este tipo de infraestruturas en todo o Estado, ou a existencia dunha reunión que supostamente mantivo en Ribadeo.
Candidato caducifolio
O Portavoz Socialista recomendoulle a Jaime Castiñeira que se tranquilice, porque o Grupo Municipal do PP cada vez é mais consciente de que canto máis se enfada o señor Castiñeira porque máis apertado se sinte, máis votos perden. Polo que, Luis Álvarez, considera que Castiñeira ademais de ser o candidato perenne, igual o seu propio Partido e as súas propias circunstancia o acaban convertendo nun candidato caducifolio.
Resposta non convencional
Ademais, Luis Álvarez, respondeulle a Jaime Castiñeira que non lle permite a comparación que fixo onte, porque é unha comparación impropia e hai determinadas liñas vermellas que non se deben sobrepasar dentro do debate político e debe ter coidado co que di e senón é capaz de manter os seus comentarios e afirmacións dentro da amplía marxe que proporciona a Política. O Portavoz Socialista, aseverou que polo que a el respecta, Castiñeira pode estar expoñéndose a unha resposta de carácter non convencional, porque a miña honorabilidade está por enriba das afirmacións que poida facer este señor.
O Portavoz Socialista dixo que se Jaime Castiñeira ten algo que dicir, como lle dixo o Alcalde de Lugo no último Pleno, ou se ten algo que dicir deste Concelleiro que lles está falando e se ten algunha proba dalgún comportamento análogo, como denunciou onte, xa sabe o que ten que facer, porque todos os españois temos a obriga de denunciar os delitos que coñezamos, tal e como establece o Código Penal e polo tanto pediulle a Castiñeira que se modere.
Bravuconadas de Castiñeira
Polo que Luis Álvarez, fixo fincapé en que as arroutadas, as bravuconadas ou as simplicidades argumentativas están ben no ámbito no que están e nas parranditas de taberna, pero non no ámbito institucional, porque nese ámbito o único que fan é degradar as institucións. Deste xeito, o Portavoz Socialista mostrouse convencido de que o señor Castiñeira coas súas afirmacións e co seu discurso degrada a este Concello.