O Portavoz do PP de Lugo encargouse de defender no Parlamento de Galicia a negativa da Xunta para activar as obras do Plan Paradai

O Portavoz Socialista, Luis Álvarez, recoñeceu publicamente “o valor inusual do señor Castiñeira ao apoiar á Xunta para que non se conclúa rapidamente o Plan Paradai e tivo a ousadía de ser el mesmo quen se encargase de defender no Parlamento de Galicia a negativa do Partido Popular para activar as obras de Paradai”.

Neste sentido, o Portavoz Socialista, expresou a facilidade que ten Jaime Castiñeira para sentarse no Salón de Plenos do Concello de Lugo e dicir que defende os intereses dos lucenses. “Preocúpanme os cambios drásticos de personalidade ao cambiar de provincia pero en todo caso felicítoo pola defensa que fai para que o Plan Paradai non avance da maneira máis rápida” segundo explicou Luis Álvarez.