Lino González Dopeso afirmou que a Xunta leva a cabo unha política turística de deixao caer que xa aparecerá alguén que o levante en diferentes lugares de Lugo.
O ruta turística comezou na Fonte da Pinguela, seguiu na Muralla, nos restos de parte traseira do Colexio de Médicos, no cuartel de San Fernando, Museo de San Roque e finalizou no parque de Rosalía de Castro.
Hoxe conmemórase o Día das Letras Galegas, un homenaxe e reivindicación da nosa lingua. Aproveitando ese motivo, o PSdG-PSOE de Lugo quixo facer unha reivindicación especial, cunha ruta turística centrada nos incumplimos da Xunta en materia de arqueoloxía e turismo de Lugo e que presentaron Nuría Mundiña, Lino González Dopeso e Esther Muñoz Mella.
Nuria Mundiña explicou que hoxe é un día de reivindicacións e por iso nós queremos facer unha chamada de atención sobre diferentes lugares de Lugo que a Xunta ten abandonados. Na mesma liña, Lino González remarcou que a política turistica do ente autonómico en Lugo é deixao caer que xa o levantarán. Deste xeito o recorrido comezou en:
1º Abandono da Xunta. A Muralla
O estado do Monumento Patrimonio Mundial é preocupante pola cantidade de maleza que ten nas paredes e que a Xunta non consegue arranxar, de feito, temos que agardar a que sexa época electoral para que Nuñez Feijoo, anuncie a limpeza da mesma. Unha limpeza non exenta de polémica xa que vamos comprobar se as palabras só quedaron nunha foto e na promoción ou se realmente se está limpando porque non se ve ningún tipo de movemento segundo Nuria Mundiña.
2º Abandono da Xunta. A Fonte da Pinguela
O via crucis socialista parou na Fonte da Pinguela, unha obra paralizada e non parece que con moito futuro de ser rehabilitada, esta situación axuda a que os turistas e os que non o son se leven unha imaxe deplorable de importantes restos arqueolóxicos segundo explicou a socialista Nuria Mundiña.
Neste sentido, a tamén socialista, Esther Muñóz, explicou que o Concello xa lle solicitou á Xunta facerse cargo da rehabilitación da fonte con fondos do Plan Urban, pero aínda estamos agardando a resposta.
3º Abandono da Xunta. Restos arqueolóxicos situados na parte traseira do Colexio Oficial de Médicos
Restos arqueolóxicos, tamén na zona da Tinería, detras do Colexo Oficial de Médicos, que levan anos parados. Nese lugar o Concello fixera unha zona verde xa que se ve moi ben dende a Muralla e agora parece un campo de minas totalmente abandonado segundo Lino Gonzalez.
4º Abandono da Xunta. Cuartel de San Fernando.
Outro exemplo da política do deixao caer que alguén o levantará é o cuartel de San Fernando. Un monumento BIC e que está totalmente abandonado, de feito onte foi noticia polos desprendementos que se obsevan nas paredes exteriores e que foron denunciados polos propios veciños segundo Lino González Dopeso.
5º Abandono da Xunta. Museo de San Roque.
A inactividade da Xunta en materia de cultura e turismo volvemos a atopala no Museo de San Roque. O mal estado de conservación do museo fixo que o Concello cerrase ao público dende fai máis de seis meses, un museo que pertence á Xunta de Galicia e que non é capaz de poñerlle solucións.
6º Abandono da Xunta. Parque Rosalía de Castro.
Nuria Mundiña explicou que neste día das Letras Galegas rematamos onde a estatua de Rosalia de Castro para lembrar que a Xunta non o declarou monumento BIC e que tampouco permite o seu peche polas noites como moitos dos parques das cidades galegas o que fai máis dificil a súa conservación.
PROPOSTAS SOCIALISTAS
Pola súa parte, o PSdG-PSOE de Lugo presentou diferentes alternativas e solucións para mellorar estes lugares de grande interese para turistas e lucenses. Así, Esther Muñoz Mella, lembrou que os socialistas temos propostas en positivo, porque nos importa a cidade e, somos coñecedores de que o turismo é unha fonte de ingresos para os lucenses moi importante.
Muñoz Mella tamén incidiu en que o no noso programa levamos propostas como a creación dun Consorcio de Rehabilitación e Arqueoloxía que xa conta co apoio do sector da construcción, como unha entidade sumamente importante para a posta en valor dos restos arqueolóxicos da cidade e como medida de creación de emprego xa que se aposta firmemente pola rehabilitación de edificios. Outra das medidas será a creación dunha ruta polas diferentes ventás arqueolóxicas que propiciaran a presencia de turistas en diferentes barrios da cidade.