O portavoz do grupo municipal, José Rábade, respondeu ás acusacións de candidato popular, Jaime Castiñeira, nas que acusaba a Orozco de usar o Concello de Lugo como unha axencia de colocación do PSOE.
Rábade salientou que dende que José López Orozco é alcalde de Lugo todas as oposicións foron libres e realizáronse con luz e taquígrafos. Ademais defendeu a transparencia das oposicións que se realizan no Concello para o acceso á función pública.
Lembrou que en 1998, co PP no goberno, realizouse cunha convocatoria de emprego que tres anos máis tarde acabou tumbando o xulgado. O Partido Popular golpea en ferro frío cando cuestiona a política laboral deste Concello xa que é unha política clara e transparente e neste sentido vamos seguir para facela, se cabe, máis clara e transparente.
En canto as prioridades do PP para a campaña electoral, economía e servicios sociais, asegurou que deberían estar aplaudindo constantemente ao Concello de Lugo polas medidas que adoptou sobre eses temas. Non quixo esquecer que o Concello de Lugo é un dos que máis invirte en servicios sociais e quizais Castiñeira dería reclamarlle á Xunta que siga aportando para manter plans como os que se suprimiron. En materia económica destacou que o equipo de goberno socialista conseguiu reducir a débeda que deixara o PP.