Os recortes adoptados polos distintos gobernos do PP están supoñendo o maior dano ao rural en décadas e van a acelerar o seu despoboamento

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas e Medio Rural, Manuel Chaín, mantiveron hoxe un encontro con veciños da zona rural na Escola de Coeses. No encontro tratáronse distintas propostas do Partido Socialista dirixidas a defender o futuro do rural no Parlamento Europeo.

O Alcalde de Lugo resaltou neste encontro que “Galicia precisa unha voz forte en Europa como a de José Blanco, que teña vontade de loitar polo rural, porque nos últimos cinco anos as zonas rurais perderon un 63% máis poboación que as urbanas”.

Neste sentido López Orozco lembrou que “os recortes adoptados polos distintos gobernos do PP, como a diminución de centros para atender á dependencia ou de rutas de transporte escolar, están supoñendo o maior dano ao medio rural en décadas e van a acelerar aínda máis o seu despoboamento”.

O Alcalde explicou que o PSOE seguirá traballando para conseguir os seguintes obxectivos: garantir que os veciños do rural e a cidade teñan igualdade de oportunidades e servizos; potenciar a innovación e a industria da transformación para fortalecer o sector primario; dar o paso da enxeñería ao márketing para comercializar os nosos produtos, e conseguir que os fondos europeos como os da PAC cheguen a quen realmente vive e traballa no campo.