Os socialistas rexistraron esta mañá no Congreso as emendas ás contas do Estado, que supoñen un aumento no investimento do Executivo Central para Lugo de 24,7 millóns de euros

As principais partidas afectan ao Ministerio de Fomento. En total, 22.050.000 euros que están destinados á recuperación da Estación Intermodal e aos estudos para chegada do AVE a Lugo, así como ao desdobramento da Ronda Norte

Para a diminución do forte despoboamento demográfico que atravesan os territorios do interior galego e lucense, esixen un plan demográfico dotado con 10 millóns de euros

A deputada no Congreso –Margarita Pérez Herraiz- anunciou este venres que, dentro das emendas que os socialistas rexistraron esta mañá aos Orzamentos do Estado, incluíron un investimento de 24.750.000 euros para Lugo, ademais de 25 millóns de euros para afrontar o problema da supresión da costas lácteas en Galicia; un problema que afecta, principalmente, á provincia de Lugo. O obxectivo da proposta, subraia, é “mellorar as relacións contractuais entres produtores e consumidores, ao tempo que se controlen as consecuencias que provocan no sector a liberalización do mercado”. Deste xeito, esta é unha das principais emendas presentadas esta mañá no Congreso dos Deputados e que está destinada a potenciar os principais sectores estratéxicos de Lugo.

“As nosas propostas están motivadas porque non compartimos as prioridades nin a ideoloxía que marcan as contas do Estado, e que son efecto consecuente de medidas tan drásticas aplicadaspolo Executivo de Rajoy como as reformas laboral e fiscal, así como o abandono social, referido ao recorte nas bolsas de estudo, en dependencia e en políticas activas de emprego”. Por este motivo, destacou que as emendas rexistradas e que terán que ser aprobadas en Pleno, van encamiñadas a favorecer tamén “o rescate a familias e autónomos, áreindustrialización con impulso da formación profesional e a iniciativas para reducir o desemprego, así comoa diminuír o forte declive poboacionaldas provincias do interior. Neste senso, tamén solicitamos un plan demográfico para Lugo e Ourense dotado con 10 millóns de euros”, indicou.

Máis de 22 millóns para infraestruturas en Lugo
Con respecto aos investimentos en infraestruturas para a provincia, e logo da importante baixa rexistrada na execución das partidas do Ministerio de Fomento, pois só a aportación de ADIF o vindeiro ano será un 25% menos do que a administración central propuxera en 2014, as emendas do PSOE, tal e como indicou a deputada socialista, están dirixidas a que a execución se aproxime máis ás previsións e á impulsar infraestruturas viarias “que son imprescindibles para Lugo, e que permitirán vertebrar o noso territorio co resto de provincias e Comunidades limítrofes”.

Neste senso, as propostas presentada neste eido suman un total de 22.050.000 euros, e están destinadas a favorecer a chegada do AVE a Lugo, incluíndo para elo a recuperación do proxecto da Intermodal, así como a impulsar as principais autovías que conectarían Lugo co resto de provincias.