Este órgano tratará de determinar a comercialización en España de produtos elaborados por nenos explotados
60 senadores avalan a proposta, así como todos os Grupos Políticos, quenes xa anunciaron o voto unánime a esta iniciativa
O Senado creará unha Comisión Especial sobre explotación laboral infantil por iniciativa do senador lucense Ricardo Varela. Dita proposta, impulsada polo socialista, pretende denunciar e concienciar á sociedade sobre esta lacra que afecta, segundo datos de UNICEF, a 158 millóns de nenos en todo o mundo.
Con esta iniciativa, que foi asinada por un total de 64 senadores, e que será debatida e aprobada na sesión plenaria da Cámara Alta a vindeira semana, Ricardo Varela advirte do drama da explotación de menores no mundo e denuncia o papel de múltiples empresas que recurren á man de obra infantil, sempre máis barata, e de gobernos e autoridades que consisten este tipo de explotación, especialmente reprobable, afirma.
A explotación en cifras
Segundo datos de UNICEF, 1 de cada 6 anos no mundo traballa en condicións de perigo. O groso destas cifras concéntrase en determinadas zonas estratéxicas como África subsahariana, onde traballa 1 de cada 3 nenos, o que representa unha cifra de 69 millóns de menores de idade, ou Asia meridional, con 44 millóns de nenos explotados.
Por este motivo, e á vista dos datos, Ricardo Varela defende que se debe de ter en conta o avance en todo o mundo de aquelas formas máis reprobables do traballo infantil, tales como as esclavitude, a trata de persoas, a servidume por débedas, o reclutamento forzoso de nenos para ser empregados en conflitos armados, a prostitución e a pornografía, así como en todo tipo de actividades ilícitas. Neste senso, tamén apunta que, malia que en Lugo e en Galicia os casos rexistrados son aislados, este fenómeno no nos pode ser alleo, dende unha perspectiva ética, moral e económica, explica o senador socialista.