Considera gravísimas as verbas de Antonio Ameijide inculpando ao Goberno local de beneficiar a determinadas persoas con contratos menores cando os procedementos están fiscalizados.

O concelleiro cree “lamentable que a campaña electoral do PP busque o dano persoal sen sustentala en datos, xa que na relación que trasladan aluden a empresas alleas aos profesionais difamados”.

O voceiro municipal, Miguel Fernández, acusa ao PP de Lugo de difamar e calumniar tanto ao Goberno local como a profesionais consolidados “por motivos só electoralistas ao afirmar que o Concello beneficia a determinadas persoas con contratos menores cando deberían de saber que todos os procedementos están fiscalizados polos órganos responsables”.

Para o concelleiro, “é lamentable que a campaña electoral do grupo Popular só busque o dano persoal sen ningún tipo de base que a sustente”,  actitude que, a xuízo de Miguel Fernández, “denota o seu nerviosismo ante a calidade da lista presentada polo PSOE ás eleccións deste ano”.

“Toda a cidadanía está no seu lexítimo dereito de participar na esfera política ao marxe da súa vida profesional, lembra, é a base do noso sistema democrático”.

Neste senso, sostén que “curiosamente, ataca a dous profesionais moi consolidados nos seus sectores a pesar da súa xuventude, que teñen todo o dereito do mundo, como o resto de emprendedores e empresarios da cidade, a presentarse aos concurso públicos que abre este Concello ou calquera outra administración”.

No caso do Concello de Lugo, os procedementos desenvolvéronse seguindo todos os parámetros legais, sendo, ademais, a de Lugo, “a única entidade local de Galicia que ten en marcha unha plataforma de contratación, onde calquera pode inscribirse e presentar as súas ofertas”.

As calumnias e difamacións do PP e do seu voceiro, Antonio Ameijide, son especialmente graves xa que se chegan a dar datos de contratos a persoas, como Jorge Bustos, que non cobrou nin unha soa factura do Concello a título persoal, senón que formaba parte dunha empresa que se presentou a varios contratos públicos e que resultou adxudicataria, tras enviar a mellor oferta. E desde o 2020 traballa como autónomo, polo que está totalmente desvinculado dos contratos dos que fala o PP nos anos 2021 e 2022”. 

Miguel Fernández pediu, alén, ao PP que rectifique e se desculpe publicamente das súas acusacións.