Máis de 2.500 persoas acompañaron aos socialistas lucenses na Segunda Festa da cidadanía da capital de provincia. Neste acto, onde se presentou a o actual alcalde da cidade como candidato socialista as eleccións municipais do 2011, tamén estiveron presentes o secretario xeral da Agrupación Municipal socialista lucense, o secretario da Executiva provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, o secretario da Executiva Nacional do PSdeG-PSOE, o Ministro de Fomento e vicesecretario do PSOE, ademais dos deputados autonómicos; o senador e a deputada pola provincia de Lugo en Madrid, os membros da Agrupación Municipal, alcaldes da provincia, entre outros.
José López Orozco dirixíndose aos presentes asegurou que non os defraudará. o máis importante é o traballo que fago con vós. Hoxe somos conscientes do cambio que se deu nesta cidade; por iso non vos vou defraudar; porque non vou descansar nesta labor, o traballo máis extraordinario que un home ou unha muller pode facer: Facer un Lugo máis desenvolvido, para facer máis Lugo. Traballaremos en busca de máis benestar, que é a pedra angular, o cimento, a partires do cal podemos construír esta cidade.
O rexedor lucense falou de que se sinte orgulloso de poder ser o capitán dunha cidade que está en constante movemento, en constante cambio, evolucionando. Recalcou que é o mesmo que cando comezou e que para ser un bo político fai falta vocación de servizo, traballar para e por a xente; ter ideas, ideas que fagan que esta cidade avance, pero que avancemos en común, todos xuntos; traballo e ilusión. Por último, insistiu na idea de que entre todos faremos máis Lugo.
O presidente da Deputación provincial e tamén secretario xeral da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Lugo foi o encargado de inaugurar o evento. José Ramón Gómez Besteiro incidiu en que grazas a un socialista como Orozco a cidade de Lugo é hoxe unha cidade moderna, dotada de servizos e infraestruturas. Besteiro falou da nova ponte, do novo hospital, da estación intermodal, do polígono das gándaras, do viveiro de empresas, da importancia que ten hoxe a muralla, da auga potable, entre outros.
Ricardo Varela afirmou que Orozco foi e é un visionario. Visualizou unha cidade nova, que ofertara calidade de vida e moderna. Unha cidade da que nos sentiríamos orgullosos. E hoxe os que estamos aquí, sentímonos moi orgullosos e presumimos de Lugo. O secretario provincial dos socialistas lucenses dixo que sen dúbida, o actual alcalde contará co apoio incondicional do Partido, dos presentes e dos cidadáns de Lugo que ven hoxe como se fixeron realidade aqueles sonos dunha cidade desenvolvida.
Pola súa parte, Manuel Vázquez eloxiou a Orozco, polo traballo desenvolvido ata agora. Tes unha maneira preciosa e sinxela de facer política. Estás no medio da xente, traballas na rúa. Fas esa política, tan necesaria, de escoitar e preocuparse por todos e cada un dos veciños e veciñas do teu concello. Todos os días se xogan finais importantes nesta cidade para cada unha das persoas que viven nela. Cuestionar cada problema e a súa solución é xestionar, dixo. Así pois animouno a continuar traballando por unha cidade para vivir, para disfrutar.
José Blanco asegurou que o máis importante en política é ter sonos. Estamos hoxe aquí para presentar a Orozco como candidato. Comezamos hoxe a traballar, entre todos, para sacar maioría o próximo 22 de maio; para poder facer realidade os seus sonos, os sonos de Orozco, os sonos de moita xente. Só Lugo seguirá avanzando e progresando na medida que poida haber cooperación entre as administracións, cousa que cun socialista no goberno está garantido. Nunca se investiu tanto en tampouco tempo, pero aínda queda moito por facer, subliñou.