Na súa aposta polas novas tecnoloxías, López Orozco, aposta forte polas redes sociais e o contacto directo que estas permiten co cidadán.
O compromiso asumido coas novas tecnoloxías por José López Orozco, Alcalde de Lugo, é evidente, xa que foi un dos primeiros Alcaldes do noso país en contar coa súa propia bitácora que mantén e actualiza desde o ano 2006. Fiel a esta filosofía, Orozco, quixo dar un paso máis no uso das novas tecnoloxías e acaba de lanzar un videoblog persoal que se pode visitar na dirección http://www.jlorozco.com/ ou desde a propia páxina web do Concello. Trátase dun espazo na Internet, innovador e vangardista, desde o que realizará periodicamente diferentes comunicacións en torno á cidade e ao seu proxecto para Lugo.
A través de cada un dos vídeos que se publiquen na plataforma, opinará e analizará en primeira persoa, diversos temas relacionados coa actualidade lucense. O deseño do videoblog adáptase e respeta o camiño xa iniciado en proxectos punteiros da administración electrónica. A páxina inclúe blogroll de enlaces, un formulario de contacto e diferentes seccións relacionadas coa actividade persoal e profesional de Orozco.
Da mesma maneira, a páxina integra as principais redes sociais e plataformas web 2.0 nas que José López Orozco tamén ten unha incesante actividade e presenza como Twitter, Facebook, Flickr ou YouTube.
Vídeoblog: http://www.jlorozco.com/
Facebook: http://www.facebook.com/jose.lopezorozco
Cuenta en Twitter: http://twitter.com/jlopezorozco
Galería en Flickr: http://www.flickr.com/photos/jlopezorozco/
Canal en YouTube: http://www.youtube.com/joselopezorozco