López Orozco tentou contar coa presenza do Asesor Xurídico na conversa coa persoa que botou do despacho
Esta mañá nunha comparecencia ante os medios de comunicación o Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou que se defenderá na Xustiza de todas as persoas que sementen sospeitas sobre a súa inocencia ou sobre a legalidade do seu comportamento, que foi en todo momento conforme coa lei.
En referencia á gravación malintencionada que se fixo dunha conversación que mantivo cunha persoa que lle pediu axuda para atopar un traballo, asegurou que no que non hai equívoco, nin dúbida, é nos feitos, dixo o Alcalde antes de destacar que esa persoa non foi contratada polo Concello, aínda que López Orozco recoñeceu que non estiven afortunado nesa conversa, porque as miñas palabras poden dar lugar a equívocos perversos.
O Alcalde tamén subliñou que a min ninguén me vai convencer nunca para que cometa unha ilegalidade, proba disto é que a esta persoa acabei por botala do meu despacho, nunha conversa na que eu mesmo tratei de que estivera presente o Asesor Xurídico do Concello.
A continuación podes escoitar as declaracións do Alcalde de Lugo.