Luis Álvarez critica esta suba esaxerada para sanear Sogama

O Voceiro do PSdeG-PSOE, Luis Álvarez, denunciou que o incremento do 34% no canon de Sogama suponlle ao Concello de Lugo un aumento de case 62.000 euros ao mes, polo que ao final de ano os lucenses teñen que pagar 740.000 euros de máis por unha suba esaxerada que autorizou Feijóo.

O Concello de Lugo rexeita esta suba e deulle traslado da factura á Asesoría Xurídica, segundo explicou Luis Álvarez, porque esta excesiva suba do canón que se lle pretende cobrar aos lucenses non se xustifica por una mellora no servizo que presta Sogama.

Luis Álvarez destacou que “como sempre, somos os cidadáns quen acaba pagando os pratos rotos das medidas económicas desta dereita político-económica que nos goberna” e explicou que “trátase dunha subida unilateral, que nos vai supoñer 740.000 euros máis, simplemente por sanear un modelo enerxético insostible polas medidas tomadas polo Goberno de Rajoy”.

Esta suba conta co apoio de Jaime Castiñeira
Jaime Castiñeira apoiou co seu voto no Parlamento de Galicia esta suba esaxerada no canon do lixo que pagan os veciños e veciñas de Lugo a Sogama, o que é unha mostra máis de que Castiñeira non deixa de tomar medidas que prexudican ao peto dos lucenses.