-O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández O denunciou que a representante da Xunta non respondeu a ningunha das preguntas prantexadas na Comisión, e acusou ao PP de ter unha lista de espera sanitaria sen precedentes

– Critica que a Xunta recorta servicios básicos para os veciños do Saviñao

– Dixo que na xestión sanitaria o Goberno de Feijoo “esqueceu a atención primaria”, xa que asegura que “non é unha prioridade para o PP”

O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández interveu onte na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a reducción de facultativos no concello lucense do Saviñao. Alí acusou ao Goberno de Feijoo de non cubrir “nin unha soa praza de substitución nos centros de saúde de Galicia”.

O parlamentario socialista explicou que a raíz do último concurso de traslados da Consellería de Sanidade produciuse unha situación de perda efectiva e real dos servicios dos veciños do concello do Saviñao.

Fernández López dixo que na actualidade o Saviñao ten unha media de 1.045 tarxetas para cada facultativo, mentres nos concellos limítrofes como Sober ou Panton a media de tarxetas movese entre as 562 e 633 respectivamente.

Advirte que con esta medida a Xunta esta recortando servicios básicos para os veciños do Saviñao, que ten 220 núcleos de poboación, e dificulta a atención domiciliaria con poboación moi envellecida.

O deputado lucense denunciou que a representante da Xunta non respondeu a ningunha das preguntas prantexadas na Comisión polo Grupo Parlamentario do PSdeG, e acusou ao PP de ter unha lista de espera sanitaria sen precedentes.

Dixo que na xestión sanitaria o Goberno de Feijoo “esqueceu a atención primaria”, xa que asegura que “non é unha prioridade para o PP”.