Concepción Burgo denuncia que “os continuos incumprimentos da Consellería de Cultura os está a sufrir a cidadanía lucense, xa que este edificio fora mercado polo Concello con diñeiro público para cedelo á Xunta de Galicia para rehabilitalo e construir nel o Museo da Romanización”

O edificio atópase nunhas condicións deplorables, sen que a Xunta de Galicia, responsable do seu mantemento, faga nada ao respecto. Unha actuación claramente indigna do Goberno de Feijoo e unha das maiores deslealdades institucionais, pois había un convenio do 2010 co Concello a través do que o Goberno galego se faría cargo desta infraestrutura pero non quixo recibila

O pasado mes de novembro de 2014 o anterior Conselleiro comprometérasea asinar un convenio co Concello de Lugo para aportar a metade dos gastos necesarios para a consolidación do edificio pero a data de hoxe nada se sabe deste compromiso

A deputada autonómica, Concepción Burgo, preguntou esta tarde no Parlamento de Galicia sobre os continuos incumprimentos do Goberno da Xunta en relación ao Cuartel de San Fernando en Lugo. Segundo a deputada autonómica, “o cinismo político e os múltiples incumprimentos da Consellería de Cultura os está a sufrir a cidadanía lucense, xa que este edificio fora mercado polo Concello con diñeiro público para cedelo á Xunta de Galicia para rehabilitalo e construir nel o Museo da Romanización”.

Actualmente, o edificio atópase nunhas condicións deplorables, sen que a Xunta de Galicia, responsable do seu mantemento, faga nada ao respecto. Unha actuación claramente indigna do Goberno de Feijoo e unha das maiores deslealdades institucionais, pois había un convenio do 2010 co Concello a través do que o Goberno galego se faría cargo desta infraestrutura pero non quixo recibila.

Ante esta situación de abandono foi o Concello o que por iniciativa propia encargou un informe á Empresa Municipal de Vivenda e Solo para coñecer os traballos máis urxentes para proceder á consolidación deste importante patrimonio da cidade e de Galicia. Segundo explicou Burgo, as obras mínimas que eviten o seu desmoronamento sería a reforma da cuberta e o apuntalamento do forxado, unha execución que ascenden a 181.000 euros, orzamento que o PSOE considera que non ten que asumir o Concello en solitario. Unhas obras que mellorarían as pésimas condicións nas que se atopa un edificio declarado Ben de Interese Cultural no 2009, próximo a un monumento Patrimonio da Humanidade e que chega a pór en risco a seguridade dos viandantes.

O anterior Conselleiro de Cultura comprometérase en novembro de 2014 a facer un convenio co Concello para aportar a metade dos gastos necesarios para a consolidación do edificio (90.000 euros) pero a data de hoxe, cinco meses despois, nada se sabe deste compromiso.

Por iso, a deputada autonómica solicitou con máxima urxencia á Consellería que cumpra coa súas responsabilidades e coa promesa de asinar o convenio que permita consolidar o Cuartel de San Fenando e salvagardar así o Patrimonio Cultural galego.