– O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, subliña a postura que está a manter o PSOE e o Goberno de España en defensa do pobo palestino
– Lembrou que o Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, condenou a matanza indiscriminada de civís en Gaza e comprometeuse a que na presente lexislatura propoñerá ás Cortes Xerais o recoñecemento do Estado palestino como a única maneira de que Israel e Palestina poidan convivir e coexistir en paz e en seguridade
Lugo, 20 de marzo de 2024. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, manifestou este mércores o total rexeitamento e condena dos socialistas aos actos vandálicos rexistrados a pasada madruga contra a sede do PSOE e as doutros partidos na capital lucense.
José Tomé considera lamentables e inxustificables estes feitos, e subliñou a postura que está a manter o PSOE e o Goberno de España en defensa do pobo palestino. Neste sentido, lembrou que o Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, condenou a matanza indiscriminada de civís palestinos inocentes en Gaza por parte de Israel e comprometeuse a que na presente lexislatura vai a propoñer ás Cortes Xerais o recoñecemento do Estado palestino por convicción moral, pero tamén como a única maneira de que Israel e Palestina poidan convivir e coexistir en paz e en seguridade.