Non estamos en contra da creación dunha nova comisaría de Policía pero ¿é unha prioridade para Lugo? Os do PP saben que son as prioridades?
En Lugo é un dos sitios nos que máis aumentou o número de desempregados gracias a Feijoo, con esta situación ¿que familia pode pagar 1800 euros ao mes nunha residencia privada?
Os socialistas de Lugo acolleron con sorpresa a proposta do Partido Popular para o edificio da Residencia xa que constata o descoñecemento que Jaime Castiñeira ten das necesidades dos veciños.
Desta maneira o portavoz da executiva local do PSdG-PSOE de Lugo, Carlos Ferreiro, reafirmouse na postura socialista que aclara e resume nestes 10 puntos:
1. Estamos cansos de que dea un paso padiante e outro patrás (como diría Ricky Martin). Non se dan conta de que esa é a mellor forma de non moverse do sitio! Eso é o que quere o PP de Lugo, que Lugo se estanque, que non se faga nada.
2. Unha vez máis, dende a executiva local PSOE, reafirmamos a nosa postura na proposta feita anteriormente para o barrio da Residencia: queremos unha residencia pública para maiores dependentes e non dependentes.
3. Hai máis de 30 anos que a Xunta non constrúe en Lugo unha Residencia pública, a pesar de ser unha reivindicación social. O Concello xestiona 15 Centros de Convivencia, 4 escolas infantís e segue a transformar as antigas Escolas Rurais en centros de Dinamización para os maiores.
4. As características da poboación lucense, máis dun 20% son maiores de 65 anos, o que ocasiona que cada día sexa máis necesario un centro de asistencia á terceira idade PÚBLICO.
5. Nesta época de dificultades económicas, tendo en conta que Lugo é unha das cidades galegas nas que máis aumentou o paro, Sr Castiñeira, son poucas as familias que se poden permitir pagar os 1800 euros de media que vale unha residencia PRIVADA.
6. É unha reivindicación social, que conta co respaldo dos veciños do barrio da Residencia que apoiaron esta proposta.
7. Non poñemos en tela de xuizo a necesidade dunha nova comisaría da Policía pero, consideran de verdade que iso é unha prioridade? Saben establecer prioridades? unha comisaría de policía non é unha prioridade para a sociedade lucense neste momento. non pode ser que nos fagan escoller entre unha residencia pública para maiores, unha verdadeira necesidade neste momento, ou unha comisaría para a policía nacional.
8. O presidente da Xunta dicía hai uns días que os servizos sociais manteñen a condición de prioridade para o Goberno galego, pese aos axustes orzamentarios. É o momento de que o demostre, ou será que Monforte ten outras prioridades diferentes a Lugo?
9. Que non deriven as peticións ao Congreso e ao Senado, senón que fagan chegar esa necesidade Directamente á Xunta de Galicia que é a propietaria do edificio. Deixen de enrredar. O barrio demanda solucións inmediatas.
10. Non queremos propostas electoralistas, queremos solucións de verdade e efectivas para o barrio da Residencia e que a Xunta se involucre con Lugo