A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo dixo que “o mais inexplicable é que catro meses despois estas obras están aínda na fase de movemento superficial de terras, que se está a facer cunha lentitude absoluta”

-Denuncia que “a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten a vontade de demorar as obras do auditorio co fin de investir o menos posible”

– Emprazou conselleiro a que diga a verdade sobre o prazo de remate desta necesaria infraestructura, e deixe de mentir a cidadanía lucense

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2012. A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo anunciou hoxe que rexistrou unha pregunta no Parlamento na que denuncia a paralización das obras no auditorio de Lugo.

Burgo explica que esta infraestructura foi prometida polo presidente Feijoo dende o inicio do seu Goberno. Lembra que nunha addenda firmada o 25 de agosto de 2009 ao convenio realizado co concello de Lugo para a súa construción, contemplabase por parte da Xunta de Galicia, unha obra de 3 anos de duración e que estaría rematada en 2012.

A deputada lucense advirte que os retrasos sobre esas previsións asinadas polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas “foron continuos”. Asegura tamén que en varias respostas parlamentarias afirmábase que as obras comezarían en 2010, “pero realmente non se adxudicaron as obras ata abril de 2011, e a partir desa data de novo comezaron as demoras inexplicables”.

Burgo dixo que “o mais inexplicable é que catro meses despois estas obras están aínda na fase de movemento superficial de terras, que se está a facer cunha lentitude absoluta”. Afirma que “tan só hai unha escavadora, e nin sequera se comezou a facer os cimentos, polo que en realidade está practicamente paradas”, sentenciou.

Denuncia que “a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten a vontade de demorar as obras do auditorio co fin de investir o menos posible na cidade”. Por iso cualifica a xestión do Conselleiro como “inaceptable”.

Tampouco estará no 2016

Replica que na addenda asinada e co aumento de data nas previsións “significa que o auditorio non estará rematado ata 2016, pero si se segue a este ritmo non será posible nin sequera terminalo nesa data”.

Por iso emprazou conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a que diga a verdade sobre o prazo de remate desta necesaria infraestructura, e deixe de mentir a cidadanía lucense.

A parlamentaria quere coñecer entre outros asuntos “como explica o Conselleiro o escaso avance das obras do auditorio de Lugo en catro meses?”, canto persoal está destinado a obra do auditorio de Lugo?, e cando calcula que estará en funcionamento o auditorio de Lugo?”.